• 09/05/2024 4:42 am

Turismo Verde de Galicia

TURVEGAL É UN MEDIO DE COMUNICACIÓN 360 QUE AXUDA A VISIBILIZAR GALICIA A TRAVÉS DA SÚA CULTURA, TRADICIÓNS, PAISAXES, POBOS E CIDADES, GASTRONOMÍA, FESTAS POPULARES

RENO RENARDO en MALATESTA – “Nin O LUME Os PARA”

Tras un 2023 infestado de bos concertos comezamos o 2024 cun grupo que nos apaixona e que visitaba por terceira ver a Sala Malatesta tras as súas visitas en 2017 e 2020, nesta ocasión tras cancelar o sábado 21 de outubro pola revisión lóxica da sala tras un pequeno incendio días atrás.

Chegamos 20 minutos antes da apertura de portas e a cola na rúa xa nos facía presaxiar que as 400 prazas da Sala ían facer falta, as portas abriron á hora e pronto nos atopamos dentro do local tomando unha cervexa e vendo o merchand, todo moi rápido para poder ocupar unha boa posición pegados ao escenario onde nos rodeamos dalgún grande amigo de batallas.

Con puntualidade británica un reno cunha escobilla sacounos os primeiros sorrisos e deunos paso como mestre de cerimonias a Jevo á voz e guitarra, Ander The Thunder ao baixo, Iván á batería e Mikel á guitarra solista, todos coas súas saias a cadros escocesas e unhas camisas de mangas curtas a cada cal máis orixinal, sendo para nós a de Jevo a gañadora aos puntos.

E pasamos de analizar camisas a analizar os nosos “anchos cipotes” a lembrar a “meriendacena medieval”, a que somos “o puto peor” e que acabariamos nunha “Festa Palangana” falando de que “A xente é imbécil” (para quen vos escribe, o mellor tema do directo).

Primeira pausa para que Iván puxese desde a batería as pistas gravadas e entrar no momento Rammstein da noite con Nai e Hamster, tras elas uns cuantos “spoilers” de pelis e Iván sácase de Djembe entre as pernas, abandona a batería e atopámonos xa no castelo cantando historias de “Bardos bastardos”.

Volta á batería e tras tres temás máis nos cales nos chegaron a provocar (Non hai ovos) apareceu unha lagosta no escenario que se dedicou a sodomizar ao grupo mentres soaba un Veranito Mix en pleno xaneiro, quenda para Camiño Moria e fin do concerto provisional.

Tempo de bises para “Chicken es Pollo” onde se intercambiaron os instrumentos e baixaron ao público e despedida con ese himno para os que nacimos nos 70 que é “Crecín nos 80” todo iso cun Mikel á guitarra gustándose totalmente e deixándonos poses e acenos a doquier para os nosos obxectivos.

Final do concerto, sorrisos, moitos sorrisos entre o persoal que se apiñaba a recoller algunha púa souvenir e desaloxo express da sala para tentar non traspasar a fatídica hora da Cincenta imposta polo Concello.

Fóra ao frío dunha noite de xaneiro marca da casa, catro aguerridos vascos demostraban que son tan agradables coa xente como profesionais no escenario, houbo fotos e firmas para todo o que quixo e iso é digno de mencionar.

Unha noite inesquecible cos Reno que se gañaron que vos recomendemos achegarvos ao seu novo LP “Regreso ao Metaverso”, estreado ao día seguinte deste concerto e que non dubidedes de ver se os vosos camiños crúzanse ( e máis se é nunha sala)

Aquí deixámosvos a ligazón ao albúm fotográfico do noso facebook https://www.facebook.com/media/set/?set=a.770038328489112&type=3

Por Ouvill

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *