A Xira «México Lindo y Querido abarrota o Coliseum

Con todo vendido desde hai meses, Maná presentouse no Coliseum da Coruña con ganas de demostrar que aínda quédalles moito rock no corpo.
A banda de Guadalaxara, México, formada por Fher, Sergio, Álex e Juan chegaron a Galicia como parte da súa xira “México Lindo y Querido” onde están a cultivar un gran éxito e enchen os recintos alá por onde pasan.

A banda arrincou con «Mándame una Señal», un punto de inicio para que acorde tras acorde durante máis de dúas horas todos viaxásemos no tempo e gozásemos dunha noite especial.
Seguiulle “De pies a cabeza”, e nela Fher xa se gañou o corazón dos presentes coa primeira chiscadela da noite: «Quen che fará o amor aquí en Galicia?»

«Muy buenas noches A Coruña. No saben cuánto los hemos extrañado. Desde México nuestro corazón latía muy fuerte para volver a esta región de España donde hemos hecho conciertos inolvidables. Los echamos de menos un chingo», dicía Fher e xa desde ese momento, aínda que non facía falta, pois todos estabamos tolos por Maná xa se gañou todo o Coliseum, e cun publico completamente entregado e cantando todas e cada unha das súas cancións, a banda non defraudou, son veteranos, saben o que o publico quere e todo flúe segundo o previsto.

Tras “Corazón Espinado”, “Hechicera” e “Besos compartidos” onde Fher contounos que a canción xurdiu de cando el compartia os beizos da súa muller con outro, tocoulle a quenda a “Donde jugarán los niños?” e falounos de que «Debemos hablar del respeto que le tenemos que tener a nuestra madre tierra para dejar a nuestros hijos una tierra que no sea hostil, que no sea degradada. Estamos temporalmente aquí, venimos de paso, y hay datos escalofriantes, como la población de elefantes, que ha disminuido en un 97% en un siglo. No podemos hacerle esto a nuestro planeta y a nuestros hijos».

Despois do “oye mi Amor” un gran Alex regalounos un larguísimo só de batería onde nos demostra que non perde nada da súa maxia coas baquetas.

Fher dedicoulle á súa nai no ceo unha canción que “sirve para romper la tregua de lo no dicho” e que se pregunta canta tristeza pode haber nun silencio” “Reloj de Cucú”

A pequena Valentina unha nena coruñesa que subiron ao escenario para cantar con eles “es a miña relixión” non fué capaz de responder a Fer que a quen prefería, presa da vergoña e a timidez e que deron o momento tenro da noite.

«Me vale», ‘En el muelle de San Blas’ e ‘Clavado en un bar’, no que a Fher alguén lle tirou unha bandeira de Galicia e rápidamente el pediu unha de México para unir as dúas cun lazo, como o que esta noite tan especial a súa música e o seu bo facer unían Galicia con México. Para rematar unha noite especial con ‘Rayando el sol’ co cal chegaron ao corazón dos que alí nos encontrabamos.

Lista e orde das cancións no Coliseum

  • Manda una señal
  • De pies a cabeza
  • Corazón espinado
  • Hechicera
  • Labios compartidos
  • ¿Dónde jugarán los niños?
  • Vivir sin aire
  • Mariposa traicionera
  • Se me olvidó otra vez
  • El rey
  • Oye mi amor
  • Te solté la rienda
  • Te lloré un río
  • El reloj cucú
  • Si no te hubieras ido
  • No ha parado de llover
  • Eres mi religión
  • Me vale
  • En el muelle de San Blas
  • Clavado en un bar
  • Rayando el Sol

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo