Que és TURVEGAL

Turismo Verde de Galicia – TURVEGAL nace como tantos outros proxectos dun sentimento, unha necesidade, unha ilusion, un soño que foi crecendo a pasiños pequenos e que, humildemente quere chegar a ser un medio de difusion de Galicia, sin pretender competir con ningun dos maravillosos proxectos que coexisten nas redes.

Desde Turismo Verde de Galicia queremos amosar e dar visibilidade á que nos vimos denominando a «Galicia Escondida», mais descoñecida por atoparse fora das grandes campañas turísiticas da administración e os grandes touroperadores, e que por esa causa manten o seu encanto e a súa beleza.


Resumindo, cando decimos «Difundir Galicia» non só nos estamos referindo a sua paisaxe se non tamén as suas xentes, a sua cultura, as suas tradicions, porque as festas mas arraigadas, mas tradicionais e mais queridas polos galegos non son exactamente as mais coñecidas, dende un «Serán» ata a festa parroquial están enraizadas no noso ser dunha maneira vital que nos sobrepasa e que vincula a nosa maneira de vivir e de ver a vida.