Queens of the Stone Age: «Posiblemente o mellor directo do mundo»

1

O Gozo Festival deixou un agasallo en Coruña dos que hai que aproveitar, é certo que un martes laborable non é o mellor día para ir de concerto pero se vas ver ao grupo que Dave Grohl (Nirvana, Foo Fighters) sinala como o mellor directo do mundo polo menos vas para comprobar que hai de certo na mensaxe.

BALA como teloneiras

Violeta Mosquera á batería e Anxela Baltar á guitarra (esta última xogando en casa) recibiron unha oferta que non se pode rexeitar e foron as teloneiras de QOTSA, bastoulles media hora para demostrar porque son unha banda referente no stoner patrio, saíron ao ritmo de “Sabotage” dos Beastie Boys, pronto nos pediron “que lles deixaramos equivocarse”, Anxela dedicou “Una Selva” á súa filla Vera “para que sexa unha persoa libre e valente” e xa sen darnos de conta xa tiñan como convidada sobre o escenario a Bonnie Buitrago, a baixista americana das Nashville Pussy coa que xa colaboraron en álbumes coma o mítico “Maleza” e á que poderemos ver coa súa banda no Resurrection Fest, 3 grandes mulleres para tres grandes temas finais dun miniconcierto no que ata o Nirvana de Grohl tivo o seu cover.

QUEENS OF THE STONE AGE

A banda americana abanderada do Stoner Rock mundial liderada polo carismático e fundador Josh Homme ao que acompañan nesta xira Troy Van Leeuwen, Dean Fertita , Michael Shuman e Jon Theodore saíu ao escenario con apenas uns minutos de atraso, sorprendía non ver grandes pantallas laterais e o escenario en forma de pirámide parecía bastante minimalista pero que equivocados estábamos, as pantallas suprimíronse co excelente criterio de poder gozar do excelente xogo de luces que pronto se converteu no sexto membro da banda, unha banda que durante 19 temas e aproximadamente 100 minutos repasou a súa discografía cunha calidade tan alta como os decibeis que soaron, poucos grupos no Coliseum achegaranse a tan alto son e ningún farao con tanta claridade, soou perfecto e desde o “Little Sister” do principio ata o final atraparon a un público sen necesidade de falar moito, a música foi o vínculo de unión, tras marabillas como “My God is the Sun”, “I Sat by the Ocean” ou “Better Living Through Chemistry” bastou que Homme lembrase que estaba no seu “puto país favorito do mundo e que quería que a súa xira de 4 concertos alongásese 2 meses máis” para conquistar os corazóns dos presentes, con “Go With the Flow” terminábase provisionalmente un concerto impresionante cun sentido “Boas noites motherfuckers”. O Coliseum non estaba de acordo e 6000 gargantas rogaron por un dos bises máis épicos que lembro e onde as palabras de Grohl cobraron toda a realidade: “ Negative Space” abriu a veda, “Non One Knows” os circle pits e conseguiu que todo o público corease o ritmo hipnotizante dunha guitarra e “A Song for the Dead” foi simplemente o final perfecto.

Só hai algo malo deste concerto e é darte de conta en casa se estás a ler estas liñas que non fuches.

1 pensamiento sobre “Queens of the Stone Age: «Posiblemente o mellor directo do mundo»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo