Concerto GUN na Sala Capitol

0

Papá, por que somos rokeros?????

O rock é máis que música, é unha experiencia que conecta almas e corazóns. É a enerxía das guitarras e a paixón dos sós o que nos fai vibrar, sentir cada nota e cada acorde coma se fosen parte de nós. A maxia do rock reside nesa unión única entre a banda e o seu público, un lazo que transcende o tempo e o espazo, creando recordos indelebles. Vivir o rock é vivir a liberdade de expresión na súa máxima expresión!

E así o vivivmos hoxe, por que unha noite como a que che dá o Rock en mans de GUN, como esta noite na Capitol, poucos estilos de música son capaces dá darche.

O da banda é abafador, a verdade é que a Capitol ten un son espectacular, e grupos como GUN saben sacar todo ese mollo. O publico é doutro nivel, non pararon de saltar e cantar todo o concerto, demostrando unha sintonía total co grupo, e o grupo devolvendo esa sintonía con temazos,

himnos que forman parte da cultura popular.

Dante mostrábase moi animado ante o recibimento da Capitol, das ganas de Rock que tiñamos todos de escoitar en directo o seu último disco “Hombres”, é un disco que responde as expectativas, e así quedou patente cando a banda arrincaba con “Lucky Guy”, tema co que se abren nesta mini xira por España, sempre tendo moi preto os temas dos seus clásicos discos para gozo de todos os seus seguidores. Despues soou “Seems Like I´m Losing You” do seu “Swagger” de 1994, “Here´s Where I Am” e “Don´t Say It´s Over” que desatou a un publico completamente entregado.

A paixón que Dante e a súa banda transmiten en cada concerto é palpable, e non é de estrañar que a súa base de fans siga crecendo. A autenticidade da súa música, esa mestura de crueza e precisión, captura a esencia do rock puro que tantos buscan. Cada canción é unha viaxe, unha historia contada coa sinceridade das cordas e a honestidade da voz. É esa conexión sen filtros coa audiencia o que converte a cada actuación nunha experiencia inesquecible, onde cada nota ecoa non só no aire, senón no corazón de cada oínte.

«Welcome To Real World» soaba atronador na garganta de toda a xente que enchía A Capitol. Cancións como «Falling» e «Money (Everybody Loves Her)» presentado polo seu baixista en español, resoaron cos afeccionados como autenticos himnos, que capturan a esencia do rock duro.

Nos Bises, Dante e Giuliano Gizzi aparecían en solitario para interpretar en acústico “Taking On The World”, regresando os seus compañeiros para volver a por a todos a mil con “Shame On You” que puxo á sala para botar, cando o grupo termina por estalar no memorable retrouso.

Gun despedíase, cunha impresionante versión de “Fight For Your Right” de Beastie Boys. Unha forma de brindar aos afeccionados que os seguen nos seus concertos con outra mostra do seu talento e o seu gran traballo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo