• 20/05/2024 6:07 am

Turismo Verde de Galicia

TURVEGAL É UN MEDIO DE COMUNICACIÓN 360 QUE AXUDA A VISIBILIZAR GALICIA A TRAVÉS DA SÚA CULTURA, TRADICIÓNS, PAISAXES, POBOS E CIDADES, GASTRONOMÍA, FESTAS POPULARES

O FIV de Vilalba pecha con éxito a súa 17ª edición

Con abonos e entradas de sábado esgotados, o festival acolleu preto de 6.000 persoas entre ambas xornadas.

Os concertos de Iván Ferreiro, Dorian e El Columpio Asesino foron os momentos máis esperados por un público que se achega dende distintos puntos de Galicia facendo que se ocupen todas as plazas hoteleras da contorna.

No Escenario Vibra Mahou déronse cita grandes nomes do panorama musical indie, coa presenza de Mondra, Veintiuno, Dorian, Grande Amore e Eme DJ o venres e de Lontreira, Niña Polaca, Iván Ferreiro, El Columpio Asesino e Serial Killerz o sábado. Señora DJ amenizou os descansos entre concertos no Espazo Vibra Mahou ambos os días.

O Escenario Emprazadas, trasladado pola choiva ao Auditorio Municipal, congregou centos de persoas para ver a actuación, xa convertida nunha tradición do festival, da Banda de Música de Vilalba, que tocou temas dalgúns dos grupos do cartel deste ano e hits de Beyoncé ou Tina Tuner, entre outros clásicos.

O Concerto Vibra Mahou con DeNinghures, así como a sesión de Grande Osso ao mediodía e o Karaoke FIV Stars con Esteban, fixeron as delicias do público que alongaron a festa ata case a apertura de portas do recinto principal.

O festival, xestionado por primeira vez desde a promotora I-radia Crea, agradece todo o
apoio ofrecido e a implicación das institucións e patrocinadores que axudan a levar a cabo
este formato que se converteu nunha das citas ineludibles da música indie no país.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *