O primeiro Festival do verán celebrouse entre o 23 e o 26 de maio

O primeiro festival do verán celébrase cada ano na provincia de Ourense, antes na propia cidade de Ourense, en Bemposta, onde antigamente situábase a coñecida «Ciudad de los Muchachos», pero este ano uns problemas co Concello de Ourense provocaron un cambio de localización ó municipio veciño de Pereiro de Aguiar, a praza dá Capela foi a encargada de arrincar na xornada do xoves esta nova edición chea de ilusión, como a que demostraron sobre o escenario a banda local Gargantúa e a vilagarciana Catuxa Salom no concerto Vibra Mahou.

No Complexo Deportivo de Monterrei (lugar que albergará o segundo parque acuático de Galicia) arrincaron o venres os concertos de pago, o día contou cun marabilloso Sol, a nova localización escollida era ampla e perfecta para un festival destas dimensións e o cartel prometía unha gran festa.

E ao grande empezaba, a Duendeneta (aquela Avia con motor Perkins 3500) cumpre 50 anos e non hai mellor maneira de celebralo que sendo eles os mestres de cerimonias, animándonos a entrada a todos e tamén as pausas entre os distitos grupos, e claro, os que somos asiduos aos festivais en Galicia sabemos que iso significa festa total. Moitas felicidades a Karlos, a Kris e á “Velliña” por tantos bos momentos.

O grupo feminino madrileño Shego capitanedo por Charlotte, Maite e Raquel co seu son punk, foi o primero en facer atronar as guitarras e arrincar a música en vivo, cun show divertido, fresco e onde demostraron que veñen con moitas ganas e fixéronnos interesarnos polo seu próximo traballo ao que non quedará moito para saír.

Cando lle deixaron o paso a The Rapants todos os asistentes xa estaban coa inercia do subidón e claro, os rapaces de Muros, que tampouco necesitan moito para que todos boten, desataron a tolemia, non son unha voz neutra, é verdade, sempre o digo, non son parcial, son un rapante declarado e para min un concerto de The Rapants é algo que ninguén debe perderse baixo ningunha excusa.

A súa “Máquina del buen rollo”, cando inicia é un sobe e baixa sen parar, igual que ese “Saltamontes” das festas que proxectan nas imaxes de fondo de escenario.

E seguimos subindo, Arde Bogota están a demostrar con fartura porque todos os festivais queren contar con eles, a súa forza e o seu son son brutais, a voz de Antonio en directo soa igual ou mellor mesmo que nos vinilos e únense todos en dar un espectáculo vibrante e rompedor. A pesar de que en Cariño corean “ Ven a bailar cariño, una canción de mierda” a verdade é que os Bogotá non teñen ningunha canción de mala, e menos en directo.

E sen tempo para poder baixar desa nube na que nos deixaron os murcianos as que se subiron ao escenario foron Fillas de Cassandra para ensinarnos o seu novo espectáculo no que pasaron de dúo a cuarteto grazas ás incorporacións de Tania Caamaño e Mariña Vidal que complementan á perfección as voces de María Soa e Sara Faro ás que cada día nótaselles máis e máis a forza e o gran traballo que as fixo virar o ano pasado por todos os festivais de Galicia, e onde demostran que isto vai a máis e que poden chegar onde elas se propoñan. Hai que destacar a versión en Galego de “Mari Carmen” de La Pegatina que se marcaron para pechar e que fixo que todo o recinto sorprendido botase sen parar.

E que dicir de Grande Amore, «non hai festival se faltan A Duendeneta, Grande Amore e Turvegal«, Nuno García Pico é un clásico xa para pechar os festivais, aínda que neste caso faríao máis tarde Señora Dj.

Nuno é un tío carismático, sinxelo, capaz de conseguir que a xente non abandone o recinto cando xa pasaron todas as “estrelas” do día, un mérito, moi difícil de conseguir, pero él, lógrao con facilidade e nos shows de Grande Amore todo o mundo é feliz, cantando e bailando sen parar.

E o que amenceu como un asollado sábado foi converténdose ao longo do día nese inimigo que todo festival teme….

Despóis dun paseo polas Burgas, dirixímonos ao Complexo Deportivo de Monterrei a continuar co festival coa ilusión dun neno ó que sacan os seus pais a pasear ó parque.

Os primeiros acordes de Valira mostrábannos que todo ía sobre o previsto, que ía ser un gran día, que estábamos ante unha das bandas que facían grande este cartel.


As nubes empezaban a achegarse ao recinto ao mesmo tempo que a banda soaba perfecta, a voz de Juan Zanza en directo é tremenda e sorprendíanos a todos os alí presentes que na súa etapa na Raíz non contase con protagonismo vocal, foi todo un bolazo, non se deixaban caer por Galicia desde o seu concerto na sala Malatesta en novembro de 2021 e esperamos seguir gozándoos en máis festivais por aquí, xa que deixaron o pavillón moi alto.

A estas alturas xa o ceo estaba moi cuberto e todo presaxiaba choiva, e si traemos ás “meigas” da música e invocamos ao “Diluvio” ao noso pesar a auga fai a súa aparición, pero claro Quén se quere perder a Tanxugueiras?

Cando empezou o seu concerto a choiva xa era moi abundante, mentres esperábamos para poder realizar a entrevista que podedes ver nesta páxina, sorprendeunos ver aos mozos de Shinova gozando do momento sen importarlles mollarse baixo o ritmo de Midas.

As Tanxu están de volta nos festivais galegos e fano co seu novo espectáculo, con novos temas e dous bailaríns, con cambios nos seus musicos en directo, sustituindo Carlos Barcia o espazo deixado polo querido Isaac Palacín, pero sen deixar de lado os seus inicios tradicionais, non deixan de soar as pandeiretas e seguen meténdose ao publico no peto coa súa enerxía e cunhas cada vez máis notorias táboas no escenario. Moi bonito o momento final en Terra cando baixaron ao foso mentres comentaban que “se o público mollábase elas tamén”.

A choiva non cesaba, parecía cada vez máis intensa, e subíronse ao escenario os mozos de Shinova tras estar pasando uns divertidos momentos connosco no camerino e deixaron ben claro desde o primeiro momento que son xunto con Arde Bogotá un dos grupos máis en forma do rock español.

Chegaron presentando o seu novo album “Presente” e puidemos ver que non só hai o momento actual xa que son unha banda con moito futuro. Soan perfecto e hai algo na voz de Gabriel de la Rosa que che trae calma, unha calma que conseguiu mesmo parar a choiva nos tres últimos temas que soaron épicos.

Foi esa calma a que necesitábamos para recibir como se merecía a Sidonie, a única banda de pop indie que consegue pogos nos seus concertos. Marc, Jes e Axel poderían ser animadores socioculturais porque onde logra brillar a banda sobre as demais é na súa interacción co público e iso unido a himnos como “Estradas Infinitas”, “Un día de merda” (esta vez totalmente certo), “Fascinado”, “Por ti” … fai que mereza a pena aguantar o temporal por ver o seu espectáculo.

A noite pechouna cunha gran selección musical o locutor e dj Ángel Carmona ao que moitos idolatramos desde o seu paso por Radio 3 e ao que seguimos en Radio 1 polas mañás e en Cachitos de ferro e cromo en Tve 2

A xornada do domingo íaa pechar Brais dás Hortas, pero non puido realizar o seu espectáculo por enfermidade e a súa substitución tomouna Peter Punk, facendo as delicias dos “monchos e as monchas” que se achegaron á praza dá Capela.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo