XVII Festival Alternativo Millo Verde

1

6, 7 e 8 de Xuño de 2024
Área recreativa da Praia de Cesantes (Redondela)

Durante os días 6, 7 e 8 de Xuño a Asociación Millo Verde festexará na Área recreativa da Praia
de Cesantes o XVII Festival Alternativo Millo Verde.
Coma todos os anos o cartaz caracterízase polo seu formato ecléctico onde dan cabida a
grupos de estilos, culturas e ritmos do máis variopinto. Grupos como La Sra. Tomasa (Barcelona),
My Baby (Nova Zelanda/Países Baixos), Kumpania Algazarra (Portugal), Terra Livre (Portugal),
Méraque (Países Baixos) que poñen a nota internacional ao festival, ao cal se suman moitos máis
artistas, completando gran parte do cartaz artistas galegos e galegas e do resto do estado como
son Dios Ke Te Crew, Catuxa Salom, Old Time Spooks, Hafa Afrosweet entre outros moitos máis.
O festival tamén inclúe a súa parte de actividades paralelas aos concertos durante o día do
sábado, no que estará a actuación de Brais das Hortas para maiores e crianzas, obradoiros
organizados polos colectivos Paxaretas e Artelixo, batucada a cargo de Bloquinho Aperta e
moitas máis.
A todo isto súmase a feira de artesanía e unha zona gastronómica de diferentes stands con
diversidade de menús.
Como xa o ano pasada parte do festival é de balde e outra parte accédese mediante de
entrada.
Os concertos do Xoves, e as actuacións do Sábado de Sesión Vermú e Brais das Hortas son de
libre acceso para todos e todas as que queiran achegarse.

Para adquirir as entradas para o resto de concertos e actividades tedes que acceder a nosa
web www.milloverde.org.

Horarios

1 pensamiento sobre “XVII Festival Alternativo Millo Verde

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo