XVI Festa da BRINCADEIRA de BOUZAS
Do 10 al 12 de maio Vigo acolleu a XVI edición de la Festa da Brincadeira de Bouzas.
A Festa da Brincadeira de Bouzas tivo lugar este fin de semana no antigo concello de Bouzas, anexionado na actualidade ao concello de Vigo, coa novidade de que en lugar de dous días durou tres, comenzando o venres 10 de maio.
«Nesta festa homenaxease as persoas que participaron na expulsión dos franceses en 1809», contannos a xentiña da Asociación Amigos da historia de Bouzas, organizadora da Brincadeira.
Houbo, baile, representacións, concurso de traxes tradicionais, moita música polas rúas, engalanadas pra ocasión e ateigadas de postos de comida e artesanía, que fixeron gozar a nenos e maiores que puideron gozar dunha festa que o vindeiro ano intentará acadar o recoñecemento de Interese Turístico Galego e que rememora non só a expulsión dos franceses das vilas de Vigo e Bouzas se non que a unión fai a forza, ademáis poñer en valor as nosas músicas, tradicións, productos e productores.
Viva a Brincadeira e Viva Bouzas!