• 09/05/2024 3:38 pm

Turismo Verde de Galicia

TURVEGAL É UN MEDIO DE COMUNICACIÓN 360 QUE AXUDA A VISIBILIZAR GALICIA A TRAVÉS DA SÚA CULTURA, TRADICIÓNS, PAISAXES, POBOS E CIDADES, GASTRONOMÍA, FESTAS POPULARES

Tanxugueiras, La Pegatina, Dubioza Kolektiv e Fillas de Cassandra, entre as primeiras confirmacións do Revenidas

O festival de Vilaxoán, que se celebrará do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán, tamén contará no seu cartel con Narco, Talco, Balkan Paradise Orchestra, Lontreira, Loita Amada, Serial Killerz e En Tol Sarmiento

Os abonos están á venda na web revenidas.com a un prezo de 59 euros (+gastos de xestión)

O Revenidas reafirma, e se cadra amplifica, o seu compromiso coa música galega e en galego coa presenza neste primeiro avance do cartel de catro bandas do territorio (Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, Lontreira e Loita Amada). Tamén corrobora a súa aposta por destacados nomes da escena estatal, con diversas procedencias e linguas, como é o caso dos cataláns La Pegatina (que fan escala en Vilaxoán na súa xira de despedida dos escenarios), Serial Killerz e as Balkan Paradise Orchestra, os vascos ETS (En Tol Sarmiento) ou os sevillanos Narco. E, como non, con importantes presenzas internacionais como Dubioza Kolektiv e Talco.

O Revenidas tamén pon de manifesto neste primeiro avance o seu compromiso coa paridade de xénero, coa presenza de varias bandas integramente femininas e de outras con músicas e cantantes na súa formación.

Os abonos para os catro días do Revenidas 2024 están á venda na páxina web www.revenidas.com a un prezo de 59€ (+gastos de xestión). As persoas que merquen o abono dos tamén poderán reservar na web o acceso á acampada por un importe de 10 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *