Santi Araújo presenta ‘Pedra do Camiño’, unha oda aos ciclos vitais

0

‘Pedra do Camiño’ é o novo de Santi Araújo; a confirmación de que a etapa que ten por diante o artista brillará cunha enerxía diferente, renovada. É o último adianto de ‘Cancións para bailar’, un disco moi especial que presenta un son moito máis persoal, palpable tamén nos adiantos previos, ‘Bailar’ e ‘Jilguero’.

‘Pedra do camiño’ é unha nova peza do mosaico que será ‘Cancións para bailar’, o segundo LP do artista, que verá a luz o 11 de abril. Un disco sincero, gravado en cinta, no que Santi Araújo non só asume o reto de tocar el mesmo gran parte dos instrumentos, tamén asume un papel máis destacado na produción. A presentación oficial deste esperado álbum terá lugar o 9 de maio na Sala Riquela en Santiago de Compostela.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo