O FIV DE VILALBA ESGOTA ABONOS DÍAS ANTES DE DAR COMEZO A SÚA 17ª EDICIÓN

0

O festival, que terá lugar esta fin de semana en Vilalba (Lugo), contará con as actuacións de Iván Ferreiro, Dorian, El Columpio Asesino, Veintiuno, Niña Polaca, Grande Amore, Mondra, Lontreira, Serial Killerz e, como colofón a festa, Señora Dj e Eme Dj aos mandos.

  • O Escenario Vibra Mahou será o recinto principal na praza da Constitución, mentres que o novo escenario Emprazadas acollerá a programación diurna do sábado 27, e pasará ao Auditorio municipal por mor da choiva en lugar da praza de Santa María onde estaba previsto.   
  • As actividades paralelas celébranse no Parador de Vilalba; para o programa de Café Derby 21, a entrada será libre con aforo limitado e posteriormente terá lugar a Degustación de Vermú Arnao que xa ten as entradas esgotadas

Retornando de novo á súa antiga ubicación, a Praza da Constitución acollerá durante o venres e sábado o Escenario Vibra Mahou, que recibirá a grandes nomes do panorama independente do país. A noite do venres subirán ao escenario Dorian, Veintiuno, Grande Amore, Mondra, e como colofón á festa, estará ó cargo dos mandos Eme DjMentres que o sábado actuarán Iván Ferreiro, El Columpio Asesino, Niña Polaca, Lontreira, Serial Killerz e Señora Dj. A apertura de portas está prevista ás 19.30 ambos días e a billeteira para recoller as pulseiras estará aberta de 11 horas ata a medianoite. 

Tamén haberá programación diurna aberta ao público o sábado 27 no Escenario Emprazadas, que finalmente será reubicado no Auditorio Municipal por mor da previsións meteorolóxicas para a fin de semana na localidade. 

Ás 12.30 horas dará comezo a Banda de Música de Vilalba, para dar paso posteriormente ó Concerto Vibra Mahou de De Ninghures. Por último, ás 14.30 horas, terá lugar a sesión Dj de Grande Osso e o Karaoke FIV Stars con Esteban ás 15.30 horas. 

Tamén a acampada no espazo aberto do Estadio Roca será trasladada ao Campo da Feira preventivamente.

Ainda queda algunha entrada solta

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo