O Festival Sinsal lanza #sinsalsenrastro, unha iniciativa para transformar o modelo de xestión de residuos.

1

O festival convida ao público a ser responsable dos seus propios residuos nunha edición

na que non haberá papeleiras dispoñibles na illa; e, os que se xeren durante o evento, recolleranse e separaranse nun novo espazo, nomeado ‘Punto R’

O Sinsal e un festival que xa foi recoñecido como o máis sostenible no 2019 e 2023 e quere impulsar en esta edición que se celebra entre o 26 e o 28 de xullo unha inicitiva que faga que a xente se implique máis na sostibilidade da Illa de San Simón, e alenta a que os asistentes a levar a illa o seu propio “Kit Festivalero”

O ‘Kit Festivaleiro’: cubertos, prato, pano de mesa e, mesmo, un vaso ou recipiente co que se pode solicitar algunha das bebidas do festival ou obter auga potable gratuíta nos distintos puntos distribuídos ao longo de todo o arquipélago, tamén lembra a os asitentes que son fumadores que deben levar un cinceiro portátil, e que só se poderá fumar nas zonas acoutadas para iso.

Outra das novidades de Sinsal 2024 será que non haberá papeleiras dispoñibles nas illas de San Simón e San Antón. Tanto a vaixela reutilizable do festival como os residuos xerados polo evento (restos de comida, cartón de pizza, etc.) recolleranse e separaranse nun único espazo habilitado pola organización, nomeado Punto R. Pola súa banda, os residuos alleos ao evento (envases ou alimentos non proporcionados polo festival, cabichas ou outro tipo de materiais) terán que saír da illa coas persoas que os xeren. É dicir, cada asistente terá que ser responsable dos seus restos: o que leve á illa, deberá regresar a casa para proceder á súa correcta separación.

Obradoiro infantil ‘Binomios fantásticos’

A mensaxe de concienciación de #sinsalsenrastro tamén chegará ás actividades paralelas gratuítas destinadas ao público infantil, como é o taller creativo que Cristina González, de Arte y Garabato, impartirá, en distintas sesións, nas tardes do sábado 27 e domingo 28 na capela da illa de San Simón.

1 pensamiento sobre “O Festival Sinsal lanza #sinsalsenrastro, unha iniciativa para transformar o modelo de xestión de residuos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo