• 19/05/2024 6:22 pm

Turismo Verde de Galicia

TURVEGAL É UN MEDIO DE COMUNICACIÓN 360 QUE AXUDA A VISIBILIZAR GALICIA A TRAVÉS DA SÚA CULTURA, TRADICIÓNS, PAISAXES, POBOS E CIDADES, GASTRONOMÍA, FESTAS POPULARES

Música e baile na Sala Rebullón de Mos.

Patricia Seoane, Alvaro Carballo e Artur Puga son os nomes propios detrás de Nume Producións, unha nova axencia galega adicada distribución, produción, programación de eventos e cobertura legal para o desenvolvemento cultural da música e as artes escénicas. Baseánse nas aprendizaxes da sabedoría popular, para aportar comunidade, traballo e paixón, sempre cunha visión contemporánea, profesional e actualizada, co fin de sentar as bases dun proxecto firme para facer cultura con calidade e corazón.
Logo de un tempo, decidirón levar a súa estrea coa «I Romeria do Merlo» na Sala Rebullón, no Concello de Mos, no que contarán, con cinco dos grupos que eles gestionan, Carmela, Arredores, Miguel Fraile, Sindicato del Folclore e Cantometrics.


Comezou a sesión Vermú coa actuación de Carmela, unha solista maravillosa que deleitou aos presentes con varias cantigas pra degustar e bailar.
Logo viñeron as coplas do grupo Arredores, que co son, da fermosa voz da súa cantante, de orixe na costa da morte, puxo acento e música pra amenizar e dar alegría a os corpos antes do xantar.
O Xantar, con dúas variantes Carnivoro (Empanada de Atún, Criollo, Churrasco) e Vegano (Potaxe vesetal) e bebidas incluidas, encheron os bandullos antes das seguintes actividades, neste caso con unha Foliada Infantil.


Arredor das 20:00 comezou a sesión tarde noite cunha maravillosa actuación do guitarrista Miguel Fraile, onde coa súa guitarra, nos transportou por diversos ritmos, dende ritmos andaluces, aragoneses e galegos, que deixaron a todo o mundo coa boca aberta pola gran interpretación musical.
Continuaron os do Sindicato do folclore mesturando ritmos e sons, ata un universo paralelo que semellaba unha das grandes sesions de Jazz puro.


Por último os Cantometrics fixeron as delicias dos mais bailadores achegandonos incluso ata unha sevillana, pasando por diversos ritmos influenciados polas grabacións de Alan Lomax, o cal, adicou gran parte da súa vida a recoller sons e músicas de diversos paises e que os Cantometrics usan como guía do seu repertorio, dando lugar a unha mesturanza de ritmos variados que combinan diversas partes do mundo.


Moita vida a Nume Producións e a nosa Cultura, feita con calidade e corazón!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *