Primeiro sinxelo do que será o seu primeiro álbum de longa duración, previsto para saír á luz a finais deste ano 2024

Hugo Guezeta volve, e volve en solitario, e nada mellor que o 17 de maio, o día das Letras Galegas para lanzar o primeiro sinxelo do que será o seu primeiro disco, disco que ten previsto que a finais do 2024 vexa a luz.

“O Noso Tempo” é unha canción que desata a faceta máis persoal, con novos ritmos pero sin deixar de lado a reivindicación e critica social que tanto nos mostrou en SonDaRúa.

Este novo traballo está producido e gravado xunto con Peter Petrowski, o produtor artífice dalgúns dos seus temas máis coñecidos e dalgúns dos grandes himnos de SonDaRúa, “O Noso Tempo” é unha nova mostra de que a conexión entre Hugo Guezeta e Peter Petrowski é máxima, conformando unha dupla destinada ao éxito musical, feito que intentarán deixar patente no disco de longa duración de Hugo Guezeta que sairá a finais deste ano 2024.

1 pensamiento sobre “Hugo Guezeta lanza “O Noso Tempo”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo