Horarios do O Son Do Camiño
Anotar os horarios para saber onde estar en cada momento no Monte do Gozo
Xoves 30 de Mayo
O xoves 30 de maio, ás 22:30 horas tocaralle a quenda a Green Day, que teñen previsto un concerto de máis de dúas horas, o que demostra que é unha das principais bandas do festival
O colombiano J Balvin, un dos maximos expoñentes do reguetón, canta ás 20:40 h., cun birlo de 90 minutos por diante.
Arde Bogotá, o grupo máis reclamado do indie pop rock español, actúan ás 19:20 h.
Fernandocosta, un nome propio dentro do hiphop, faio ás 18:10 h.; os Maryland, representantes da escena galega indie pop rock, tocan ás 16.30 h.; e ás 17.10 fano The Interrupters, divertido combo americano de ska e punk onde destaca o seu cantante, Aimee Allen.
Venres 31 de Mayo
O venres o prato forte para algúns serán os míticos Pet Shop Boys, icónico grupo de pop electrónico que tocará ás 22:30. Aínda que antes ás 21:10 h. tocaralle a quenda a Myke Towers (que será o máis esperado para a rapazada) o portorriqueño é un dos máis grandes do reguetón e referente de moitos artistas da escena.
Xusto despues dos Pet Shop Boys entran en escena Natos e Waor, o duo madrileño son a día de hoxe o máximo expoñente do rap en España, a súa actuación empezará ás 00:30 e farán botar e gritar ao monte do gozo durante 90 minutos.
O Resto de horarios serán:
A Tarde abriraa Marilia Monzón, moi cedo, case coa hora para comer, arrincará a canaria ás 15:20 h. Despois será a quenda dos galegos Monoulious DOP que tocarán ás 16:00 h. xusto despois 16:40 h. tocaralle a quenda a Recicled J outro dos grandes da música urbana española, moi unido a Natos e Waor, esperamos que haxa colabo, xuntos son a cana. A andaluza Judeline chegará ao ecenario Estrela Galicia ás 17:40 h. O pop comercial de A Orella de Van Gogh acompañaranos ás 18:40 h. os Love Of Lesbian lles seguiran ás 19:50 h.
Sábado 1 Xuño
Na terceira xornada do O Sondo Camiño 2024, empezará moi madrugadora outra vez, 15:40 h. e abrirana a nova sensación do Post Punk e Neofolk, New Wave Kill, ás 16:20 h. tócalle a quenda ao produtor, compositor e intérprete coruñés Carlos Ares. A rapera catalá Bb trickz será a seguinte en liza, ás 17:10 h.
Baiuca, músico de Catoira, ás 18;00 h. faranos bailar coa súa proposta da música folk galega con toques de electrónica, que vai facendo as delicias de todo o mundo vaia por onde vaia, non só por Galicia. Ana Mena, que crece moito na escena do pop español mainsteram, e canta ás 19:30 h. Tom Odell cantante e compositor británico de tendencia pop brindaranos a súa música ás 20:20 h.
O cantante asturiano de pop e rumba Melendi sae a actuar ás 21.40 h. onde nos levará “camiñando pola vida” hacía o prato forte do día, cos Thirty Seconds to Mars ás 23.30 h. onde todos estaremos atentos non só á súa proposta músical, se non tamén con que sorpresa póidanos agasallar o seu cantante Jared Leto. El mallorquín Rels B a as 01.10 h. cun set list a base dunha exitosa mestura de urban pop, arembi e dancehall. A noite tócalle pechala ás 2:10 h. ao artista andaluz Wade, o seu estilo incorpora Tech House e Dub Techno con algúns toques da vella escola e unha percusión brillante.