• Lun. Abr 29th, 2024

Turismo Verde de Galicia

TURVEGAL É UN MEDIO DE COMUNICACIÓN 360 QUE AXUDA A VISIBILIZAR GALICIA A través da súa CULTURA, TRADICIÓNS, PAISAXES, POBOS E CIDADES, GASTRONOMÍA, FESTAS POPULARES

Guadi Galego con sold out no Teatro Principal de Pontevedra

Guadi Galego pecha este sábado 13 no Teatro Principal de Pontevedra a mini xira de pesentación do seu directo Síntese Horizonte

 Guadi Galego vistará este sábado 13 de abril o Teatro Principasl de Pontevedra para por o punto e final á xira de presentación do seu novo directo, Síntese Horizonte. A cita, a partir das 20.00 horas, no marco do ciclo Resoan do Concello de Pontevedra, e para dita ocasión non quedan entradas dispoñibles. 

Logo de actuar o pasado mes de xaneiro no Teatro Principal de Compostela e no Teatro Jofre de Ferrol, a cantante e compositora pechará esta fin de semana na localidade pontevedresa a tríade de concertos de presentación en Galicia do seu último LP, Roibén, nunha noite na que tamén soarán cancións de anteriores discos ou mesmo o seu sinxelo O.D.A. Guadi Galego subirase este sábado se de novo ás táboas para sorprender ao público cunha proposta exclusiva que pretende ofrecer unha experiencia musical única e transformadora.

Ben arroupada no escenario, Guadi Galego acompañarase dunha banda conformada por grandes artistas do país. É o caso de Guillerme Fernández (guitarra acústica eléctrica e sintetizada), Rubén Iglesias (baixo e sintetizadores), Isaac Palacín (batería e percursión), Álex Fernández (teclados), como vocalistas, Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado e Rocío Jiménez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *