• 02/05/2024 8:13 pm

Turismo Verde de Galicia

TURVEGAL É UN MEDIO DE COMUNICACIÓN 360 QUE AXUDA A VISIBILIZAR GALICIA A TRAVÉS DA SÚA CULTURA, TRADICIÓNS, PAISAXES, POBOS E CIDADES, GASTRONOMÍA, FESTAS POPULARES

Este sábado asistimos, e xa vai un lustro da primeira vez, a Gala dos XXII Premios Mestre Mateo, desta vez nun novo formato, compartindo dous edificios, en Expocoruña a Pre e Post Gala e a gala en si mesma no Coliseum.

Chegada e recibimiento no Lateral de Expocoruña onde disfrutamos duns exquisitos petiscos mentras os asistentes lucían as súas millores Galas ante o Primeiro Photocall

Confraternización entre finalistas, convidados, acompañantes e prensa, previos a Gala onde tivemos o pracer de charlar e fotografiar a moitos dos alí presentes, dende medios, artistas, e convidad@s, moitos que asistían por primeira vez e outr@s xa consagrad@s, palpamos o nerviosismo propio de eventos de este tipo dos finalistas ainda que e certo que moit@s tentaban disfrutar da xornada evitando as presións.

Felicitar a Academia por conseguir desenrolar unha vez mais a Gala e os eventos paralelos de maneira impecable, novidosa e que pretendía sacar os nervios pra que o desenrolo da mesma fluíse e fose do agrado de nominados, e profesionais dos medios.

Unha Gala amena e ágil, co-presentada maravillosamente por Lidia Viega e Miguel Canalejo na que foron como se esperaba «Matria» e «O Corno» as protagonistas da Gala, acadando estas a maioría das estatuillas do Mestre Canteiro, resaltar certos momentos pro recordo como a entrega a estatuilla ao Presentador da Gala e tamén finalista Miguel Canalejo a emoción de Susana Sampedro, e unha incrible Maria Vázquez que a pesar de ser unha actriz xa consagrada e multipremiada amosou unha emoción polo premio que encandilou a toda a audiencia facendo referencia como non as súas orixes e a mensaxe de empoderamento do filme que representaba.

Fora de valoracións da critica específica que o deixamos nas mans dos profesionais do ramo, foron uns premios que pola nosa sensación alegraron a maioria dos académicos, polos aplausos nas entregas dos mesmos.

Logo da Gala no Coliseum, voltamos ao recinto de Expocoruña, onde dividido en dúas zonas, nunha comezou a festa Post-Gala e na outra estivemos a compartir momentos e fotografiar aos xa Premiados cos Mestre Mateo, logo do cal pasamos a zona da festa atopando nela diferentes Food Trucks e barras nas que nos serviron todo aquelo que precisamos.

En resumo, pra nós foi un pracer vivir por quinto ano a festa do Audiovisual Galego, poder traballar e gozar c@s compañeiras e achegarvos a nosa experiencia, desexando ver as produccións galegas do 2024 e poder disfrutar da vindeira Gala dos Mestre Mateo aló por Marzo do 2025.

Galería Completa https://www.facebook.com/media/set/?set=a.810431507783127&type=3

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *