Familia Caamagno lanza ‘Milagre económico’, o primeiro avance do seu novo disco.

1

A canción é unha crítica a o sistema turbo capitalista, en contraposición a o auténtico milagre de hoxe en día: “ter unha vida sinxela e satisfactoria”

Milagre economico é o primeiro sinxelo que Familia Caamagno dá a coñecer do seu próximo disco, logo da publicación no 2022 de O mundo está derrotado. A canción, gravada e masterizada nos estudios El Castillo Alemán, por Carlos Hernández, é unha crítica ao apetito insaciable do turbo capitalismo.

Así, Milagre económico convida ao público a reflexionar sobre o traballo e o esforzo dun xeito cínico e retranqueiro, co humor habitual que acompaña á Familia Caamagno.

“O milagre está por ocorrer. Deixa o chollo e vén!”, canta o grupo neste novo tema, que se acompaña dun videoclip, dirixido por Xaime Miranda, e que se poderá ver na canle VEVO (Youtube) da banda.

FAMILIA CAAMAGNO

Familia Caamagno é unha das bandas máis coñecidas do panorama musical galego.

Dez anos despois da publicación do seu primeiro EP, Hai que andar cos tempos (2014), e de dous LP, Había que intentalo (2019) e O mundo está derrotado (2022), esta primavera a banda presenta Milagre económico, o primeiro avance do seu novo traballo discográfico.

1 pensamiento sobre “Familia Caamagno lanza ‘Milagre económico’, o primeiro avance do seu novo disco.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo