Día das Letras Galegas 2024
Este ano o día das letras galegas homenaxea a Luísa Villalta.
Luísa Villalta nada na Coruña en 1957 e falecida prematuramente en 2004 aos 46 anos, foi escritora, filóloga e violinista. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio e artigos, realizou traducións e, ademais, exerceu como mestra en distintos institutos da provincia da Coruña.
Titulada superior en violín, llegó a formar parte de la Orquestra de Santiago y de la Xove Orquestra de Galicia, y también fue miembro del grupo folk Escaino.
Exerceu de profesora de Lingua e Literatura galegas de secundaria no ensino público, profesión que exerceu con destino definitivo a partir de 1991 no IES Isaac Díaz Castro de Sada.
Considerada unha creadora dunha obra única e sólida, comprometida e singular que a converteu nunha das voces poéticas de referencia da segunda metade dos oitenta e noventa, con máis de vinte e cinco obras publicadas
Participou en organizacións coma a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), o Foro pola Cultura Galega ou a Mesa pola Normalización Lingüística.
Compaxinou o seu labor creativo cunha intensa actividade cultural, e impartiu seminarios, recitais de poesía e conferencias. Colaboróu en diferentes xornais e revistas; formou parte da Asociación de Escritores de Lingua Galega; participou en mobilizacións cidadás contra a catástrofe do Prestige; e sempre se pronunciño en favor das persoas máis desfavorecidas. O seu feminismo entronca tamén co seu profundo sentido da xustiza e o seu desexo de contribuír a unha sociedade máis igualitaria.
Bibliografía
Poesía
- «Música Reservada» (1991)
- «Ruído» (1995)
- «Rota ao interior do ollo» (1995)
- «Apresados sen presa» (2002)
- «Estudo das sombras» (2002)
- «Modulación de Orfeu» (2002)
- «Conxuro» (2003)
- «En concreto» (2004)
- «O papagaio» (2006)
- «As palabras ingrávidas» (2020)
- «Pensar é escuro. Poesía reunida» (1991-2004) (2023)
Ensayo
- «O Don Hamlet de Cunqueiro: Unha ecuación teatral» (1992)
- «O outro lado da música, a poesía: relación entre ambas partes na historia da literatura galega» (1999)
- «Poética. Sobre un certo estado de conciencia» (2002).
- «A lingua dos sons» (2003)
- «A Música e Nós» (2003)
- «Libro das colunas» (2005)
- «O outro lado da música, a poesía» (2021)
Narrativa
- «Siléncio, ensaiamos» (1991)
- «Teoría de xogos» (1997)
- «As chaves do tempo» (2001)
- «Desperta do teu sono» (2002)
Teatro
- «Concerto para un home só» (1989)
- «O representante» (1990)
- «O paseo das esfinxes» (1991)
- «As certezas de Ofelia» (1999)
- «Os doces anos da guerra» (2001)
- «Obra dramática completa. Sinfonía de escenas» (2018)