Cambio de Fecha no TerraCeo

1

Nova data o Venres 21 Xuño!!!!!

Dende ou Auditorio Mar de Vigo comunican que por motivos técnicos alleo, tanto á banda como á eles, teñen que pospoñer o concerto que este venres tiña previsto celebrarse dentro do ciclo TerraCeo.

Aínda que as entradas son validas para a nova data, desde TerraCeo informan que do mesmo xeito que no caso de The Rapants, como dentro do auditorio non é o mellor lugar para realizar un concerto destas caracteristicas, están ao dispor de todo aquel que queira que lle devolvan o importe da entrada.

Moito ánimo a todos por esta sucesión de infortunios e oxalá todo póidase realizar sen ningún imprevisto máis e todos podamos gozar dos espectáculos programados.

⚠️ 𝐈𝐍𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐈𝐌𝐏𝐎𝐑𝐓𝐀𝐍𝐓𝐄 ⚠️

Dende o Auditorio Mar de Vigo vémonos na obriga de pospoñer o concerto de @rebeliomdoinframundo previsto para este venres dentro da quinta edición do Festival #TerraCeo🎸🎶☀️ para o vindeiro 𝐯𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬 𝟐𝟏 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐧̃𝐨, esta vez por problemas técnicos, alleos tanto á banda como á empresa que xestiona o recinto vigués.

Como sucedeu no caso do concerto de The Rapants, dende o propio festival TerraCeo lamentamos esta situación, que nada ten que ver coa xestión nin co Auditorio Mar de Vigo.

Lamentablemente, o formato de Rebeliom do Inframundo non encaixa facilmente nunha contorna pechada como podería ser o auditorio interior, sentados en butacas, especialmente considerando tamén a montaxe do congreso que terá lugar nestas instalacións esta fin de semana. Con todo, traballamos sempre na procura de datas alternativas para garantir que o concerto poida levarse a cabo sen cancelacións.

As entradas xa adquiridas serán válidas para esta nova data, 21 de xuño ás 21.00 horas. Sen embargo, aqueles que desexen solicitar un reembolso debido ao cambio de data, poderán facelo ata o día 31 de maio enviando un correo electrónico a info@teuticket.com.

1 pensamiento sobre “Cambio de Fecha no TerraCeo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo