A venda os abonos o Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2024

0

El peculiar festival se celebra cada año en la isla de San Simón y en el que sólo 800 afortunadas personas pueden asistir cada día, y para rizar más el rizo, asisten con un cartel con más de 20 bandas y solistas que sólo se descubrirá una vez se desembarca en la isla, y terá lugar os días 26, 27 e 28 de xullo.

A partir do luns 13 de maio, a partir das 12.00 horas, poderanse adquirir os billetes para asistir os distintos días. Os abonos e as entradas diarias estarán dispoñibles en Enterticket.

Para poder acceder ao festival, o único modo é coller un dos barcos que Sinsal pon á disposición do público nos embarcadoiros da Estación Marítima do porto de Vigo e do Centro de Interpretación de Rande, en Meirande. O transporte até a illa está incluído na entrada e o público pode escoller o seu traxecto no momento da compra do seu billete, no que se lle informa dos horarios dos barcos. Os prezos son diferentes en función do embarcadoiro así como da idade, sendo máis económico o acceso para menores de 16 anos. 

O abono Sinsal, que permite asistir ao evento os días 26, 27 e 28 de xullo, poderase adquirir a partir dos 145€. No caso das entradas por día, que facilitan o acceso ao festival unha única xornada, os prezos van desde os 45€ e até os 65€  en función da data e do porto de saída. Os horarios pódense consultar na páxina web oficial https://festival.sins.al/, na sección ‘Entradas e abonos’.

A programación musical caracterizarase pola diversidade de estilos musicais e orixes das bandas e solistas, e tamén durante o festival sucederanse numerosas actividades paralelas divulgativas, á fin de dar a coñecer a historia e o patrimonio cultural e natural de San Simón; ademais de propostas vinculadas á sostibilidade ambiental e concienciación, que este ano terán especial protagonismo;  ou á recuperación e posta en valor dos arquivos sonoros, que se traducen en iniciativas como as Sesións San Simón ou mesmo os obradoiros A Escola Sinsal.

Comprar Abonos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo