• Lun. Abr 29th, 2024

Turismo Verde de Galicia

TURVEGAL É UN MEDIO DE COMUNICACIÓN 360 QUE AXUDA A VISIBILIZAR GALICIA A través da súa CULTURA, TRADICIÓNS, PAISAXES, POBOS E CIDADES, GASTRONOMÍA, FESTAS POPULARES

A VARIEDADE MUSICAL E A NOTA DESTACADA ESTA FIN DE SEMANA NO AUDITORIO MAR DE VIGO

10 TENORES E A SÚA ORQUESTRA SINFÓNICA, VALERIA CASTRO E CANTAJUEGO

O Auditorio Mar de Vigo prepárase para unha fin de semana extraordinaria con tres eventos distintos, pero deseñados para todos os gustos e idades.

O venres, o Auditorio Mar de Vigo acollerá a presentación dos 10 Tenores e a súa Orquestra Sinfónica  procedentes de Polonia, Ucraína, Xeorxia e outros países europeos, cun espectáculo que ecléptico Desde a elegancia da ópera ata a vitalidade do pop e o rock, 10 Tenores ofrecerán un repertorio ecléctico, que vai dende a Opera ata o pop maís actual.

O sábado será a quenda de Valeria Castro, unha artista con unha voz excepcional e que recentemente foi nomeada os premios Goya a «Mellor canción orixinal» por “El  amor de Andrea”, xunto a Vetusta Morla, e a “Mellor Canción Cantautor” polos premios Latin Grammy 2023.  A súa actuación, está enmarcada dentro da despedida da xira «con cariño y con cuidado».

E por Último o domingo Cantajuego convídanos a o seu novo espectáculo, «Burbujas». Con cancións novas e creativas, xunto cos clásicos favoritos de sempre, e acompañados polo entrañables Coco, Pepe e Buby, así como o novo amigo, Pajarito, «Burbujas» convida a cantar, bailar e rir nun ambiente festivo e acolledor. Con dúas funcións dispoñibles para o domingo, 12.30 horas e 17.00 horas, o Auditorio Mar de Vigo converterase nun mundo de diversión e fantasía para nenos e adultos por igual.

Toda a programación detallada e a venda de entradas poden consultarse na páxina web do Auditorio Mar de Vigo. As entradas están á venda a través de www.teuticket.com.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *