XII edición del Festival PortAmérica
A tarde do mércores 4 de xullo o noso auto sintonizaba ao gran Carles Francino que emitía “La Ventana” desde Portas, localidade que acollía unha vez máis ao Portamérica, un festival único, ao que nos dirixiamos; e onde 30 cociñeiros de prestixio e con varias estrelas Michelín uníanse a grandes músicos dos dous lados do océano Atlántico.
Tras aparcar (comodamente) a primeiras horas da tarde e acreditarnos, penetramos no recinto que antes albergaba a antiga azucreira para descubrir que este ano cambiaron a distribución do Festival (cunha nova orientación dos escenarios e cunha bancada infantil para que os máis pequenos poidesen seguir sentados aos seus artistas) e dirixímonos ao escenario Xacobeo a ver a actuación de Mondra quen nunha actuación perfectamente coreografiada e apoiado por dous bailaríns e dúas bailarinas volveu dar unha lección de como a música tradicional galega pódese mesturar con ritmos urbanos actuais con temazos como “Punheta!”, “Carmela”, “Rumbambá” ou a elixida para finalizar “Marimondra” na que reivindicou os seus dous orgullos: ser galego e maricón
Tras Mondra visita obrigada ao ShowRocking onde por 5 euros puidemos elixir tranquilamente da primeira fornada de petiscos do día e de paso ver a Eladio y los Seres Queridos como primeira actuación sorpresa da tarde cun miniconcierto de tres temas nos que non faltou nin o “Sancristán de Coimbra” nin o polifacético Pepe Solla en “Miss Europa”
Guadi galego co seu novo espectáculo “Síntese Horizonte” saíu ao escenario acompañada de 8 músicos, a exBerrogüetto sorprendeu polo seu orixinal proposta de cinco voces femininas nun frenético concerto, onde ademais de repasar a súa gran carreira e confirmar “que segue viva”, mesmo puidemos ver algunha chiscadela ás Spice Girls cun público cómplice que o pasou en grande.
Ver a unha lenda da Bossa Nova como é Toquinho é unha desas oportunidades que a vida só dáche en festivais tan únicos como Portamérica, o gran Antonio Pecci paseouse polo escenario de Portas armado da súa inseparable guitarra e coa compañía da súa paisana Camilla Faustino, unha desas voces que de cando en cando xorden do país carioca e que namoran, encantounos o cover en español de “Gracias a la Vida” da mítica Violeta Parra nun concerto pintado con “Acuarela”
O indie tropical de Carlos Sadness foi a segunda sorpresa do escenario ShowRocking co seu pop indie tropical onde improvisou nos versos de “Amor Papaya” e “Te Quiero un Poco” entroutros.
É unha pena que a xente quede cos grandes nomes dun festival e non se poña a “preparalo” previamente, Babasónicos son unha lenda do pop rock alternativo arxentino con 33 anos de experiencia e cun directo e unha posta en escena propias de quen é cualificado como lenda, non sei porque non acaban de ser coñecidos no noso país, pero os que alí estivemos, (bastantes pero poucos para o que se merecían), vivimos unha catarse colectiva. Para lembrar cando nun momento de eunforia, un fan completamente tolo de felicidade gritou: “Adrián. Queres ser o meu papá?”, seguido dun: “Babasónicos, sodes o puto mellor”, ao que o hipnotizante lider ,Adrián “Dárgelos” Rodríguez, contestou polo micro cun conciso pero sincero: “Aprécioo”, que fixo reir ao público. Dádelles unha oportunidade en Spotify se non os coñecedes aínda.
Alfonso Rueda (presidente da Xunta), non se quixo perder a un Xoel López que encheu Portamérica e que xogaba en casa, no seu festival preferido, e por onde mesmo desfilou o ano pasado cos seus Deluxe queridos, nun escenario totalmente masculino os homes de “traxe gris” que diría Sabina presentaron “Caldo Espírito” (o seu último traballo) sen esquecerse de clásicos como “Tierra” (na que o gran Pepe Solla aparecería en escena) , “A Serea e ou Mariñeiro”, “Tigre de Bengala” ou “Home de Ningunha Parte”
Os barcelonenses Enric Montefusco, Ricky lavado, Ricky Falkner e Piti Elvira decidiron parar indefinidamente en 2015 cando eran referente no indie rock e no hardcore patrio, afortunadamente neste 2024 Standstill rexurdiu das cinzas para darnos conciertazos como o que vivimos en Portas no que repasaron temas dos seus nove álbums e no que non faltaron clásicos como “Adelante Bonaparte”, “Nunca, nunca, nunca” ou “Poema n.º 3”
Nun escenario belo pero nada ambicioso os madrileños Vetusta Morla viñeron despedirse por uns anos da que eles mesmos denominaron “a súa segunda casa”, unha das primeiras en darlle acollida nos seus desprazamentos ao Norte e nun concerto claramente de menos a máis acabaron demostrando porque a día de hoxe están considerados coma os reis do indie español, a primeira parte virou arredor dos seus dous últimos traballos e a parte final foi un descargue de bombas ao corazón, quedamos coa beleza e posta en escena de “Catedrales” e dos clásicos que nunca fallan como “Finisterre”, “Copenhague”, “Cuarteles de Inverno” ou “Los días Raros” cun Pucho sobresaliente que se luciu constantemente e que en “Te lo digo a ti” conseguiu a excelencia.
Carlos Sadness (esta vez con todas as galas), e con máis tempo; e a proposta dance electrónica do dueto galego Galician Army, foron os encargados de combater o frío da noite que aos poucos se avalanzaba sobre o Festival para pechar a primeira xornada
Comezamos a xornada do venres co “pop distendido” de Besmaya, o proxecto liderado por Javi Ojan e Javi Echevarri que mostran unha complicidade e un equilibrio no escenario propio de grupos que levan moitos máis anos que eles sobre as táboas, con cancións moi coreables debuxaron os sorrisos dos seus fans mentres aproveitaban para presentar o seu traballo “Novos Lemas” con temas como “Instante”, “Tu carita” ou “Gas” aínda que o final do concerto cedéronllo a ese gran hit que comparten con Malmö 040 que é “Matar la Pena” e que cantaron entre o público. O momento divertido e surrealista do concerto foi cando se achegaron a cantar e dedicar unha canción ao escenario paralelo para “tentar recrutar” aos fans de Aitana que desde primeira hora e alleos aos demais artistas combatían a calor sentados no chan despreciando o resto do festival e que nin con esas déronse por aludidos.
O cantautor mexicano Caloncho trouxo a súa música latina, fusionada con folk e pop, a Portamérica e faríao no mesmo escenario que tocaría posteriormente Aitana, o que provocaría que a atención do público désese a partir da cuarta ou quinta fila e o que sería unha regra que se cumpriría ata a actuación da barcelonesa. Cunha banda toda vestida de branco e na que vibraba a súa excepcional saxofonista e cun Caloncho vestido de tenista cos mesmos cores que os seus músicos (e con cinta na fronte incluída) temas como “Somos Instantes”, “Bésame morenita” ou “Optimista” provocaron unha sensación de ledicia e benestar a todos os que se penetraron na súa proposta e na que a voz doce do noso protagonista brillou sen necesidade de moitos nin complicados alardes.
No ShowRocking o dueto das Rías Baixas Desconcerto formado por Óscar Lope e Valentín Dacova demostrou en só 15 minutos o seu gran nivel convidando no seu último tema ao polivalente Pepe Solla.
Volta ao Escenario Rías Baixas onde a cantante canaria Marilia Monzón repetía paso por Galicia tras a súa recente actuación no Son do Camiño, cun sinxelo vestido de transparencias e encaixes branco, un carisma innegable no escenario, unha enerxía irresistible e unha voz e un trato doce, humilde e próxima conseguiu que os asistentes se sentisen parte de algo grande, demostrando porque é unha das artistas máis prometedoras da escena musical actual. Gustáronnos moito temas como “Trazando Rutas”, “Prenderé una Velita” ou o cover de “Cuéntale” de Don Omar.
A sorpresa xurdiu outra vez do ShowRocking cun Xoél López de anfitrión que convidou a Gabriel de la Rosa de Shinova para “Fort Dá”, a Marilia Monzón a “Terra” e a todos eles e ao actor Tamar Novas a “Lodo” sendo este momento uno dos que pasarán sen dúbida aos históricos do Festival.
O streamer arxentino Lit Killah trouxo a Portas algúns dos seus maiores éxitos como “Entre Nosotros”, “Flexin” ou “Los Del Espacio” cunha enerxía no escenario contaxiosa e un fenómeno fan que fixo mesmo levantar por primeira vez en toda a noite ás primeiras filas, mentres, as súas cancións eran coreadas unha tras outra. Unha pena que chegase a Portas sen banda de apoio e que o son fóra totalmente enlatado, salvo a súa voz, e só contase coa axuda do impoñente VideoWall , xa que en caso de acudir con todo o equipo ao completo ben puidese ser un dos concertos estrela do Festival.
A artista lucense Luz Casal ofreceu un concerto inesquecible. Coñecida pola súa voz inconfundible e o seu carisma no escenario, encantou ao público nun directo no que non faltaron os seus éxitos máis coñecidos. Desde o primeiro intre Luz logrou capturar a atención dos asistentes coa súa interpretación emotiva e poderosa. Temas como “Piensa en mi”, “Loca”, “Rufino” ou “Entre mis recuerdos” calaron profundamente entre os presentes, creando un ambiente cheo de nostalxia e emoción. A destacar a interpretación de “No me Importa Nada” na que a videopantalla xigante acompañaba a canción con ilustracións das grandes mulleres que guían ou guiaron a súa vida e deixando o posto central para a súa nai. Ademais, presentou algunhas cancións do seu último álbum “Las Ventanas de mi Alma”, que foron recibidas con gran entusiasmo. O escenario Rías Baixas da Azucreira de Portas iluminouse coa súa presenza ao mesmo tempo que anoitecía, e a conexión co público foi palpable. A enerxía e a paixón que Luz puxo en cada interpretación fixeron da súa actuación un dos momentos máis destacados do día coroándoa como unha auténtica diva.
E chegou o momento máis desexado da noite para a maioría dos asistentes do venres, unha xornada na que a idade media do festival baixou moito. A exOperación Triunfo Aitana, que desde o primeiro acorde conseguiu que o público se entregase por completo. A enerxía no escenario era contaxiosa, e a barcelonesa co seu carisma e talento, logrou conectar de inmediato cos miles de asistentes sempre acompañada das esforzadas e coidadas coreografías do seu exército de bailaríns. Un dos momentos máis emotivos da noite foi cando interpretou “Vas a Quedarte”. As luces atenuáronse, e o público iluminou o recinto cos seus móbiles, creando unha atmosfera máxica. Aitana, visiblemente emocionada, agradeceu o agarimo e o apoio dos seus fans.
O setlist foi unha mestura dos seus grandes éxitos e algunhas cancións novas coma “4TO 23”. Isto deu aos asistentes a oportunidade de escoitar en primicia o que Aitana ten preparado para o futuro. Cancións como “=(Igual)”, “No te Has Ido y Ya te Extraño” “Teléfono”, “Nada Sale Mal” “Formentera” e “11 Razones” foron coreadas a pleno pulmón por todos os presentes. Unha sempre próxima Aitana que en moitos momentos do concerto achegouse ás primeiras filas, cun sorriso radiante, despediuse prometendo volver pronto a Galicia.
Sarria tivo a papeleta de intentar reter á masa de xente que abandonaba o festival tras a actuación de Aitana (aínda que moitos coa intención de volver tras a cea) e a verdade é que conseguiu atraer a unha gran cantidade de público que non os coñecía e que se viu atraido polo bo facer da banda malagueña liderada por Nacho Sarria (ex guitarrista de “Los Labios”) e que nos achegou aos míticos Doors, Led Zeppelin, Jim Morrison pero dotándoos á vez dun toque actual. “Gitana”, “El Camino” o “Esperando al Sol” leváronnos polos seus inicios pero era un bo momento para presentar “El Mundo es Cruel” (o seu último álbum) e do que nos gustaron moito temas como “El Agujero” “Flor” ou “Algo Bueno Va a Venir” cunhas trompetas que te atrapan. Sen dúbida un grupo para seguir.
Shinova recuperou a moita da xente que se foi a cear e presentou o seu último disco: “El Presente” do que soaron temas como “Berlín”, “Los días que vendrán” o “Antes de que todo acabe” pero sen esquecer en ningún momento hits como “Te debo una canción” ou “La Sonrisa Intacta”. Independentemente de se eran novos temas ou clásicos todos contaron coa aprobación do público que os coreou sen parar. Os mozos liderados por Gabriel de la Rosa son deses grupos que se crecen en directo e que defenden os temas con elegancia, forza e emoción e que converten cada un dos seus directos nunha cita á que non podemos faltar.
Ás dúas da madrugada turno para León Benavente. Abraham Boba, Luis Rodríguez, Eduardo Baos e César Verdú deron unha lección de intensidade e electricidade do que debe ser un grupo de rock alternativo, con clasicazos como “Amo”, “Ánimo Valiente”, “En el Festín” ou “Ser Brigada”. Cun Abraham inquedo que alternaba o micro co seu órgano Farfisa e que non dubidou en terminar o concerto rodeado entre o público en “Ayer Salí”, á vez que provocaba unha histeria colectiva. Son uns grandes músicos e clásicos do noso país e non hai que descubrilos a estas alturas, os que os coñecemos xa sabemos o que nos imos a atopar pero dá igual que os viramos unha ou un cento de veces, sempre nos van a gustar!!.
E para terminar, o grupo de moda da escena galega, a The Rapants non lle importou nada que o seu concerto fose ás tres da madrugada, o seu público nunca lle vai a fallar e eles á súa xente tampouco. Os de Muros seguiron presentando “La Máquina del Buen Rollo” a quen concederon o protagonismo na primeira parte do espectáculo, o final do concerto foi unha sucesión de trallazos nos que nos mandaron ás “Kimbambas”, lémbráronnos quen é “A Favorita”, puxéronnos “Musicote no teu coche” ou nos fixeron voar e planear sobre o público con “Ou avión”. Coa excitación de The Rapants asegurámonos que o soño non nos vencería no noso regreso a casa en coche nunha corta viaxe na que nos acompañou un sorriso eterno polo gran día vivido.
O sábado comezou cos rapaces de Mamasunción, unha banda local que temos que empezar a tomar en serio, levan desde o 2019 ensaiando xuntos e dándolle moi duro para facerse un oco no panorama e a verdade é que se lle nota á hora de tocar, soan moi compactos e con moita soltura, fan un garaxe rock moi fresco e aínda que só teñen un tema nas redes, non lle perdades ollo que van dar que falar.
Os madrileños Burning levan dándolle a isto do rock and roll desde xa fai 50 anos, xa non están connosco Pepe Risi ou Toño Martín e nestes anos son moitos os músicos que pasaron pola banda pero Johnny Cifuentes segue comandando a nave ás voces e os teclados como desde o primeiro día e non o fai só: Marc, Nico, Miquel, Dani e Miguel son unha bandaza que sabe facer soar ao grupo tal e como os teus recordos idealizaron ese concerto ao que fuches velos fai trinta anos e non nos podedes negar que cantaches algunha vez “Esto es un atraco”, “Mueve tus caderas” ou “¿Qué hace una chica como tú en un sitio como este?”
A sorpresa chegou outra vez do ShowRocking e da man dos irmáns Ferreiro (Iván e Amaro) que nos trouxeron temazos como “Turnedo” ou “Trincheira Pop”
Baixo unha calor de xustiza quenda dun dos mellores folclóricos que temos en España: Rodrigo Cuevas. O asturiano que foi galardoado o ano pasado co Premio Nacinal das Músicas Actuais é xa unha lenda na súa terra natal e é de aí de onde se saca o seu folclore tradicional ao que lle segue conservando a alma á vez que o fai soar actual, dous bailaríns e catro musicazos é o único que necesita para que o seu show fascine independentemente da idade que teñas e dos teus gustos musicais, cunha provocación sempre presente que fixo reir sen parar ao persoal: “Os heteros seguides con costumes tan rancios como a de casarvos pola igrexa”, “Se caedes na tentación dicides tres veces seguidas Rodrigo Cuevas, Rodrigo Cuevas, Rodrigo Cuevas e aparezo e fódoche a voda”. Pero tamén é capaz de silenciar a todo o festival e facerlle unha homenaxe en toda regra a “Rambal” mentres cantaba a historia do seu asasinato en Cimadevilla só polo feito de ser transformista e homosexual.
Lévache onde o quere e cada tema é un himno: “Allá arribita”, “Arboleda bien Plantada”, “Veleno” onde non dubida en achegarse ao público,e incluso a despedida post concerto coa mítica “Woman del Callao” do mítico Juan Luis Guerra e o seu baile con toda a banda forma parte dun show no que todo é perfecto.
Volta ao ShowRocking onde a superbanda liderada polo comisionado Pepe Solla, Queco Lago, Rodrigo Valente e Os Irmáns Visi fixo un repaso do mellor do indie nacional.
E como toca falar de folclóricas, Portamérica volveu facer a súa maxia e do outro lado do Atlántico tróuxose a Lila Downs, a raíña Mixteca que nos transportou ás súas raices mexicanas dos pobos orixinarios mentres soaban os seus clásicos como “Mezcalito”, “Zapata se Queda”, “La Cumbia del Mole” e volvendo tolo ao persoal coa súa versión particular do “Clandestino” do gran Manu Chao ou do “Cariñito” que tan famoso fixeron por estas terras os Novedades Carmiña. Non son casualidade os seis premios Grammy que ten (e os seus nove nomeamentos) e basta oir a súa voz en “La Llorona” para ver que ela alcanza a onde moitos téntano pero nin se achegan.
Pero se falamos de premios Grammy o noso seguinte protagonista non nolos deixa nin contar, e é que un mito como Juanes veu desde un pouco máis ao sur que Lila (Colombia) a dar unha banda sonora das nosas vidas: “Volverte a ver”, “Fotografía”, “La camisa negra”, “A Dios le pido” e mesmo os covers de dous temas tan míticos como “Twist and Shout”de The Beatles e “La Bamba” de Ritchie Valens converteron o festival nun karaoke e o noso protagonista coa guitarra na man non tivo en ningún momento signo de debilidade ou falta de alento na voz, o que nos fai pensar que seguimos tendo Juanes para moito tempo.
A xornada do sábado era unha xornada de lendas, de mitos da música que desfilaban unha tras outra sen parar e Jorge Martínez trouxo desde Asturias aos seus Ilegales da man para dar toda unha lección de provocación e chulería patria. Desde 1980 levan nisto e é un pracer oir en directo tantos temas que pasaron polos nosos vinilos e polas nosas cintas TDK que tanto copiábamos ente os colegas de clase “Tiempos nuevos, tiempos Salvajes”, “Yo soy quien espía los juegos de los niños”, “Hola Mamoncete”, “Soy un Macarra” ou a elixida para terminar “Problema Sexual” seguen soando actuais e demoledoras.
Nun mundo tan “politicamente correcto” que ben que sigan estando Los Ilegales.
E como eramos poucos pariu a avoa, Enrique Vilarreal (O Drogas) foi o noso seguinte artista, o histórico “frontman” da mítica Barricada deixou ao carón os seus temas propios para homenaxear á banda navarra durante todo o concerto, “En la Silla Eléctrica”, “Barrio Conflictivo”, “Contra la Pared”, “Bala Blancas” y “No Hay Tregua” pasaron acompañadas de exitazos atemporales da banda sen descaso, con só Rock & Roll puro no que non houbo pistas gravadas nin efectos de axuda e é que con musicazos como Txus Maraví á guitarra, Flako ao baixo e a incorporación do xoven Nahia Ojeta á batería esas cousas non fan falta, soando perfectos e cun Don Enrique en plena mocidade a pesar dos seus sesenta e cinco tacos e que se paseou coma un león encerrado de lado a lado do escenario coas súas míticas poses que capturan constantemente a túa atención.
Eskerik asko!
E á 1:15 da madrugada Potamérica volveuse a encher, o concerto ao que máis difícil fíxose chegar ás primeiras filas de todo o festival realizárono uns recentemente chegados que xa sen dúbida pertencen aos históricos do rock patrio. Desde Cartaxena Antonio, Dani, Pepe e José Ángel queren demostrar que cando Ilegales, El Drogas, Burning…. bótense ao carón hai esperanza. E haina con bo gusto, boas cancións e un show en directo á altura dos mitos aos que toman a testemuña. “Los Perros” , “Que vida Tan Dura” “Cariño”, “Exoplaneta”, Antiaéreo” en só 7 anos de andanza do grupo son xa himnos, no directo soan mellor que no disco e Antonio vence a súa timidez para combertirse nun perfecto showman.
Portamérica case cae abaixo cando na parte final do concerto apareceron Aida Tarrío e Olaia Maneiro de Tanxugueiras para mellorar un tema que criamos inmellorable como é “La Salvación” , resultando ao noso gusto unha colaboración moito mellor e máis fresca que a realizada por unha lenda como Bunbury.
Quenda para pedir perdón á El Columpio Asesino e a Son Gallo Negro, os encargados de pechar, pero aos que o noso corpo non deu chegado tan tal descarga de enerxía nun sábado que o festival sempre lembrará como un dos seus mellores días.
Para rematar destacar a perfecta organización do festival na que gustounos moito a idea da creación dunha bancada para os pais que acudisen cos seus fillos menores e como sempre os 66 deliciosos pintxos creados por cociñeiros tan destacados como Diego Guerrero, Maca de Castro, Javi Olleros, Edorta Lambo, Javi Estévez, Begoña Rodrigo, Dani Carnero, Luis Lera ou Édgar Núñez entroutros e que merecen unha crónica tan extensa como a musical.
Grazas a Portamérica e Esmerarte por contar connosco e esperamos vernos en 2025!!