Tulsa, Lucía Freitas e Lamaelume despiden a cuarta edición de Xardín Alhambra

0

● Miren Iza, Tulsa, protagonizará o último dos concertos acústicos con temas
que beben da canción melódica, o blues ou o indie

● O mércores a gastronomía regresa a Xardín co “Taller Saborea Con Lucía
Freitas” e unha nova cea maridada a cargo do chef Luis Veira

● O venres é a quenda para aprender a personalizar pezas de cerámica
únicas no “Taller Sin Prisa Con Lamaelume”

● A programación contempla ademais catas e sesións DJ, xunto a outras
actividades para gozar dun tardeo cervexeiro sen présa que se poden
consultar nesta ligazón

Xardín Alhambra encara esta semana a súa recta
final, desde a apertura ao público o pasado 12 de setembro, con novas actividades
inspiradas na música, a artesanía e a gastronomía para despedir a súa cuarta edición en A Coruña

Mañá martes, o espazo acollerá o último dos concertos en acústico da man de Tulsa
(20:00h) e no que Miren Iza mostrará os seus temas que beben da canción
melódica, o blues ou o indie e crecen ata converterse en auténticas narracións
emocionais con gusto folk rock americano. Xenuíno ouro musical extraído das
profundidades sentimentais.

O mércores a gastronomía regresa a Xardín co “Taller Saborea con Lucía
Freitas”, ás 20:00h, e no que a chef da Tafona mostrará aos participantes como
cociñar diferentes tapas tradicionais da rexión. Ademais, terá lugar unha nova cea
maridada a cargo do chef Luis Veira (21:30h), na que se poderá degustar un menú
composto por bonito asado con escabeche, raia con manteiga de caviar, carrillera
guisada e milhoja, con catas guiadas por Beer Sommeliers da marca, que sorprenderán
o padal dos asistentes.

O “Taller Sin Prisa Con Lamaelume” do xoves ás 19:15h poñerá o colofón ás
actividades de inspiración artesanal da man deste estudo de cerámica coruñés que
mostrará como personalizar pezas únicas a través de técnicas de decoración e pintura.

Como sempre, o espazo contará cun completo programa de actividades con catas e
sesións DJ que se poden consultar nesta ligazón, ofrecendo ademais aos seus visitantes a
oportunidade de gozar de plans diferentes de martes a domingo en horario de 19:00h a

23:30h os martes, mércores e xoves; de 19:00h a 01:00h os venres, de 13:00h a 01:00h
os sábados e de 13:00h a 23:00h os domingos.

As actividades programadas que requiran inscrición previa, como as catas ou os
talleres, desenvolveranse en espazos independentes reservados para iso dentro do
recinto. Só no caso dos concertos requirirase dispoñer de entrada para
acceder ao espazo.

Programación Xardín Alhambra para a semana do 24 ao 29 de setembro

Martes 24 de setembro
 20:00h Concierto de Tulsa
 21:30h Cata maridada Sabores de Galicia
Miércoles 25 de setembro
 20:00h Taller Saborea con Lucía Freitas
 21:30h Cena Maridada a cargo de Luis Veira
Jueves 26 de setembro
 19:30h Cata Ingrediente y matiz
 20:45h Cata Receta y origen
Viernes 27 de setembro
 19:15h Taller sin prisa con Lamaelume
 20:00h DJ Session de Sofía de África
Sábado 28 de setembro
 13:15h Cata Lúpulo y aroma
 13:30h Sesiones sin prisa (DJ Mou y tapas a cargo de El Rincón del Reino)
 14:30h Cata Maridada Sabores del Sur
 19:30h Cata Ingrediente y matiz
 20:45h Cata Receta y origen
Domingo 29 de setembro
 13:15h Cata Malta y sabor
 13:30h Sesiones sin prisa (DJ Pablo Ruíz Galán y tapa a cargo de Mahara Taberna
Rock)
 14:30h Cata Maridada Sabores de Galicia
 19:30h Cata Receta y origen
 20:45h Cata Ingrediente y matiz

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo