TERCEIRA EDICIÓN DE OUR FEST: O MELLOR POP ROCK ALTERNATIVO REGRESA ESTE SÁBADO A EXPOURENSE

0

OUR FEST ofrecerá unha vibrante xornada de pop-rock alternativo o 14 de setembro, destacando o mellor da música nacional e internacional. Este festival, convertido nun evento imprescindible, celebrará a diversidade de estilos en Ourense.

Un cartel excepcional que reúne a artistas de renome internacional como Jake Bugg, Miles Kane, Yard Act e Teenage Fanclub, xunto a talento nacional como Los Enemigos y Caballo Prieto Azabache, nunha única xornada en Expourense.

A proposta complementarase coas sesións de Isaac Pedrouzo Dj ao longo de toda a xornada do sábado en Expourense.

As entradas para a terceira edición de OUR FEST en Expourense continúan á venda a través de ourfest.gal e ataquilla.com a un prezo de 40€ (+ gastos de xestión).

A terceira edición de OUR FEST xa está ao virar a esquina. Este sábado 14 de setembro, Expourense abrirá as súas portas para unha xornada repleta do mellor pop rock alternativo. Un festival que en tan só tres anos, logrou posicionarse como un referente da escena musical nacional, e este 2024 non será diferente, cun cartel que promete emocións fortes grazas á presenza de artistas como Jake Bugg, Miles Kane e Yard Act, que actuarán por primeira vez en Galicia, xunto a grandes nomes como Teenage Fanclub, Los Enemigos e Caballo Prieto Azabache.

Esta mañá celebrouse a rolda de prensa do evento en Expourense, onde participaron Xosé Manuel Merelles, Director de Turismo de Galicia; César Fernández, Vvicepresidente segundo da Deputación de Ourense e Deputado de Cultura; Aníbal Pereira, Tenente de alcalde do Concello de Ourense; e David Jiménez-Zumalacárregui, director artístico do festival. Unha presentación na que se destacou a relevancia do festival non só como evento musical, senón como un verdadeiro motor cultural e turístico para a rexión. A colaboración de entidades como a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia e Xacobeo, a Deputación de Ourense, o Concello de Ourense, Estrela Galicia e o medio oficial, Cadea Ser, foi clave para este crecemento.

Rogelio Martínez, Director xerente de Expourense, abriu a rolda de prensa destacando o compromiso do recinto co festival, que abre a tempora de eventos este ano, e o seu papel na proxección de Ourense. A continuación, César Fernández, Vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e Deputado de Cultura, destacou: «A importancia dos eventos culturais para a dinamización dun territorio, atraendo a miles de persoas e enchendo os hoteis e restaurantes». Pola súa banda, Aníbal Pereira, Tenente de alcalde do Concello de Ourense, comentou: «OUR FEST pon a Ourense no mapa cultural e turístico de Galicia, ofrecendo unha oportunidade para mostrar o mellor da nosa cidade e este ocio fai á xente máis feliz». David Jiménez-Zumalacárregui, director artístico do festival, engadiu: «Este ano, igual que nos anteriores, seguimos na liña da búsqueda da calidade e non da cantidade, atraendo a xente de moitas partes, cun cartel diferente, con bandas que teñen un pasado e bandas actuais que están dando moito que falar». Finalmente, Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, pechou as intervencións afirmando que: «Grazas tamén ao traballo conxunto das tres institucións, Ourense converteuse nunha das principais cidades musicais non só de Galicia, senón tamén a nivel estatal, axudando a proxectar a nosa cultura e atraeando tamén a visitantes do norte de Portugal cun cartel tan atractivo e diferente».

O cartel deste ano inclúe a Caballo Prieto Azabache, que abrirá a xornada ás 17.30 horas coa súa mestura de enerxía e melancolía. Ás 18.45 horas, Los Enemigos tomarán a substitución, presentando o seu último álbum “Bestieza”. Ás 20.15 horas, Teenage Fanclub, pioneiros do power pop, ofrecerán un set cheo de nostalxia con temas do seu álbum “Endless Arcade”.

A noite avanzará con Miles Kane ás 21.45 horas, quen traerá a súa inconfundible mestura de rock alternativo e glam rock. Ás 23.15 horas, Yard Act ofrecerá a súa electrizante post-punk con crítica social. O peche ás 00.45 horas chegará con Jake Bugg, presentando temas do seu próximo álbum “A Modern Day Distraction”.

Cunha ocupación hostaleira que xa roza o 90% na cidade e os seus arredores, o festival tamén supón un impulso significativo para a economía local. Os restaurantes e comercios prepáranse para recibir a unha afluencia masiva de visitantes que, ademais de gozar de OUR FEST, terán a oportunidade de descubrir o encanto de Ourense, coñecida polas súas termas e a súa rica oferta gastronómica.

As entradas para a terceira edición de OUR FEST en Expourense están á venda a través de ourfest.gal e ataquilla.com a un prezo de 40€ (+ gastos de xestión).

Un cartel coas mellores bandas internacionais e nacionais de pop-rock alternativo

En primeiro lugar, Jake Bugg, o talentoso cantautor británico, consolidouse como unha figura crave na escena folk rock moderna. Con éxitos como «Lightning Bolt» e «Two Fingers», promete unha actuación chea de emoción e autenticidade. Bugg distínguese pola súa habilidade para combinar melodías pegadizas con letras profundas, capturando a esencia da mocidade e a introspección nas súas composicións. Recentemente lanzou «All Kinds Of People», adianto do seu sexto álbum «A Modern Day Distraction», que sairá apenas unha semana despois da súa actuación en OUR FEST.

Tras el, Teenage Fanclub, a banda escocesa que foi pioneira no rock alternativo e o power pop desde os anos 80, garantirá un espectáculo nostálxico e vibrante coa súa inconfundible harmonización vocal e melodías pegadizas. Co seu máis recente álbum «Endless Arcade», que foi aclamado pola súa calidez e a evolución constante do grupo, farannos soñar de novo o próximo 14 de setembro en Ourense.

Yard Act, representando o mellor do post-punk contemporáneo, destácase polas súas letras satíricas e críticas sociais. Cancións como «Peanuts» e «Fixer Upper» aseguran unha presentación chea de enerxía e reflexión. A banda gañou rapidamente recoñecemento pola súa capacidade para abordar temas actuais cun enfoque mordaz e humorístico, utilizando a música como vehículo para o comentario social. Co seu novo álbum «Where’s My Utopia?», producido xunto a Remi Kabaka Jr. de Gorillaz, prometen unha dose refrescante de crítica social envolta en ritmos irresistibles e vibrantes.

A continuación, Miles Kane, cunha carreira que abarca tanto o seu traballo en The Last Shadow Puppets como a súa traxectoria en solitario, traerá a súa mestura de rock alternativo, mod e glam rock a Ourense, ofrecendo un show cheo de estilo e dinamismo. Coñecido pola súa presenza escénica magnética e a súa habilidade para fusionar xéneros, Kane deixou unha marca indeleble na música moderna. Co seu quinto álbum en solitario «One Man Band», un regreso ás súas raíces de guitarra e rock indie, temas como «Come Closer» e «Don’t Forget Who You Are» son himnos que ecoan con forza e entusiasmo, asegurando unha experiencia electrizante para o público de OUR FEST.

Los Enemigos, a emblemática banda española que foi unha pedra angular do rock nacional durante décadas, achegarán un toque de autenticidade e experiencia ao festival co seu son inconfundible e letras contundentes. Cunha traxectoria que inclúe himnos do rock en español como «La Cuenta Atrás» e «Desde el Jergón», Los Enemigos souberon manterse relevantes e conectados coa súa audiencia ao longo dos anos. Presentando o seu décimo álbum «Bestieza», un traballo cheo de enerxía eléctrica e actitude rockeira, producido por Carlos Hernández, a súa actuación será un peche espectacular, celebrando a riqueza e diversidade do rock en español.

E para finalizar, cun directo que arrasa e unha presenza que non pasa desapercibida, a banda galego-madrileña Caballo Prieto Azabache consolidou a súa reputación na escena musical nacional. Desde salas emblemáticas da Coruña ata o vibrante escenario de SXSW 2023 en Austin, TX, e o Festival Marvin Gateway en México, a súa enerxía contaxiosa ha capturado tanto a audiencias locais como internacionais. Con éxitos como «Cenicero» xunto a Joe Crepúsculo e «Magnate y Mecenas» con Xoel López, o seu primeiro álbum longo «Nº1», lanzado ao comezo de 2023, promete consolidar o seu lugar como creadores de melodías que definen estados de ánimo, onde cada canción é unha invitación para sentir, reflexionar e celebrar a complexidade da vida contemporánea.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo