O Revenidas publica os seus horarios e anuncia os seis concertos a bordo e a gala de circo solidaria
Fillas de Cassandra, Mondra, Sés, Lontreira, Catuxa Salom, Monoulious Dop actuarán a bordo do Chasula o sábado 14 e o domingo 15
O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) dende o xoves 12 ata o domingo 15 de setembro, anuncia os concertos a bordo, a gala de circo solidario e o horarios dos concertos.
Os concertos a bordo e unha actividade tradicional de promoción que o Revenidas xunto con Turismo Rías Baixas da Deputación de Pontevedra celebran cada ano. Son pequenos concertos a bordo do barco Chasula navegando pola ría de Arousa.
O sábado 14 será Mondra (con saída do porto de Vilaxoán ás 13 h), as 15 h Lontreira e as 17 h Catuxa Salom. O domingo día 15 subirá a Chasula Monoulious Dop as 13 h, Sés as 15 h e Fillas De Cassandra as 17 h.
O prezo das entradas para os concertos a bordo Arehucas é de 30 € (+ gastos de xestión) e inclúe tamén unha degustación de produtos galegos durante a travesía.
GALA DE CIRCO SOLIDARIA
Outra das actividades emblemáticas do festival Revenidas é a celebración o domingo da Gala Solidaria de Circo. A deste ano dará comezo ás 17.30 horas e estará dedicada en solidariedade co pobo palestino. A entrada é de balde
A Gala acollerá unha festiva sucesión de espectáculos de maxia, clown, música e circo protagonizados por varios dos nomes máis destacados da escena galega dos espectáculos de rúa. É o caso, por exemplo, de Peter Punk, todo un clásico desta gala; da actriz e narradora compostelán Cris Collazo; de N+1, o proxecto persoal do clown Alfredo Pérez Muíño; da actriz, trapecista e bailarina coruñesa Sue Moreno; do Mago Noel, que presentará o seu espectáculo Que curioso!; e do dúo Jack Jhonson e Jhon Jackson, formado polo artista circense David Varona e o músico e malabarista Jonathan Valencia.
A POPULAR SARDIÑADA
Sempre se conta, porque esa é a realidade, que o festival Revenidas naceu a partir da sardiñada popular que cada ano se celebraba en Vilaxoán. Non é por tanto de estrañar que esta actividade siga a ser considerada como o epicentro do festival.
A sardiñada Revenidas-Turismo Rías Baixas desta edición terá lugar o domingo 15 no parque de dona Concha e con entrada libre, como todas actividades desa xornada. A partir das 13:30 horas poderanse degustar as que posiblemente son as mellores sardiñas do mundo.
A xornada do domingo complétase coas actuacións de Os Terribles de Arousa (12h), Uxía Lambona e A Banda Molona (13h), Mekanika Rolling Band (15.30h) e xa pola tarde Caamaño & Ameixeiras (19.45h) e De Ninghures (21h).
A entrada para todas as actividades e concertos do domingo é de balde.
ABONOS, ENTRADAS E ACAMPADA
Os abonos para os catro días do Revenidas 2024 están á venda na páxina web www.revenidas.com a un prezo de 63€ (+gastos de xestión).
As entradas para o xoves teñen un prezo de 33€ (+gx) e as do venres e as do sábado, 38€ (+gx).
Os menores de 13 anos teñen o acceso gratuíto.
As persoas que merquen o abono poderán reservar na web o acceso á acampada por un importe de 10 euros.
Revenidas conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xera encontros en torno ao directo.
HORARIOS
XOVES 12
18.00: A Duendeneta
18.30: Vértebras (Escenario Vibra Mahou)
19.20: The Tyets (Escenario Galicia)
20.30: Balkan Paradise (Escenario Vibra Mahou)
21.30: A Duendeneta
22.00: Lendakaris (Escenario Galicia)
23.20: Mafalda (Escenario Vibra Mahou)
00.25: Muchachito Bombo Infierno (Escenario Galicia)
01.50: Trashtucada (Escenario Vibra Mahou)
02.50: Dakidarría (Escenario Galicia)
VENRES 13
17.00: A Duendeneta
17.30: ETS (Escenario Galicia)
18.30: García MC & Nación Quilombo (Escenario Vibra Mahou)
19.30: Fillas de Cassandra (Escenario Galicia)
20.45: Lontreira (Escenario Vibra Mahou)
21.35: A Duendeneta
22.00: La Pegatina (Escenario Galicia)
23.40: Miss Bolivia (Escenario Vibra Mahou)
00,50: Narco (Escenario Galicia)
02.05: Muyayo Riff (Escenario Vibra Mahou)
03.05: Serial KillerZ (Escenario Galicia)
SÁBADO 14
11.00: A Duendeneta
11.30: Catuxa Salom (Escenario Vibra Mahou)
12.30: Talco (Escenario Galicia)
13.45: A Duendeneta
14.15: Xabi Sarrià (Escenario Vibra Mahou)
15.20: The Rapants (Escenario Galicia)
16.25: Los Niños Jesús (Escenario Vibra Mahou)
17.30: Tanxugueiras (Escenario Galicia)
18.50: Guadi Galego (Escenario Vibra Mahou)
20.00: El Kanka (Escenario Galicia)
21.20: A Duendeneta
21.50: La Fúmiga (Escenario Vibra Mahou)
23.00: Dubioza Kolektiv (Escenario Galicia)
00.30: Lágrimas de Sangre (Escenario Vibra Mahou)
01.50: Rebeliom do Inframundo (Escenario Galicia)
03.00: Loita Amada (Escenario Vibra Mahou)
Fin de Festa: La Yaya Dj (Escenario Galicia)
DOMINGO 15
12.00: Os Terribles de Arousa (Parque Dona Concha)
13.00: Uxía Lambona e A Banda Molona (Escenario Deleite)
13.30: Sardiñada Turismo Rías Baixas (Parque Dona Concha)
15.30: Mekanika Rolling Band (Parque Dona Concha)
17.30: Gala de circo solidaria (Escenario Deleite)
19.45: Caamaño & Ameixeiras (Escenario Vibra Mahou)
21.00: De Ninghures (Escenario Vibra Mahou)