O festival PortAmérica celébrase na localidade pontevedresa de Portas os días 4, 5 e 6 de xullo.

Como vén sendo habitual e non ía ser diferente este ano, o cartel deste 2024 ofrece unha ampla variedade de estilos para satisfacer a todos os públicos. Tanta variedade que nos imos a atopar a artistas como Aitana, Arde Bogota, Shinova ou a Vetusta Morla, xente moi punteira no panorama actual, e xente como Luz Casal, Xoel López, Rodrigo Cuevas ou Juanes no que quizais anime a un publico un pouco máis adulto. E por suposto representación galega da man de Guadi Galego, Mondra, ou The Rapants. Tamén haberá protagonismo para a gastronomía co denominado como ShowRocking. Chefs de renome internacional, entre eles Pepe Solla, prepararán para os asistentes petiscos creados especialmente para a ocasión.

¿Cómo llegar al PortAmérica 2024?

Para chegar ata a antiga azucreira de Portas, lugar onde se sitúa o festival, a organización ofrece lineas de autobus de ida e volta desde A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Cambados e Villagarcía de Arousa, Os prezos por días de ida e volta van de 8 euros (desde Cambados ou Vilagarcía) ata 19 euros (desde A Coruña).

Estarán activas durante os tres días de festival para que podas chegar de forma segura e sostible!

E se non queres andar a desprazarche, PortAmérica tamén conta cunha zona de acampada. O prezo para o seu acceso é de 20 euros, e se se quere acceder cunha autocaravana ou camperizada, o custo é de 25 euros.

Horarios PortAmérica 2024

Jueves 4 de Xullo

18:00: Paideia

18:30: Mondra

19:25: Guadi Galego

20:15: Toquinho

21:30: Babasónicos

22:30: Xoel López

23:40: Standstill

00:40: Vetusta Morla

01:55: Carlos Sadness

02:55: Galician Army

Viernes 5 de Xullo

17:30: Paideia

18:00: Besmaya

18:40: Caloncho

19:45: Marilia Monzón

20:45: Lit Kallah

21:45: Luz Casal

22:45: Aitana

00:15: Sarria

01:00: Shinova

02:00: León Benavente

03:00: The Rapants

Sábado 6 de Xullo

17:30: Paideia

18:00: Mamasunción

18:40: Burning

19:45: Rodrigo Cuevas

21:00: Lila Downs

22:00: Juanes

23:15: Ilegales

00:15: El Drogas

1:15: Arde Bogotá

2:15: El Columpio Asesino

3:15: Sonido Gallo Negro

Non vai faltar a gastronomía nesta edición do Festival PortAmérica, no seu ShowRocking participarán máis de 30 chefs recoñecidos, incluíndo 18 Estrelas Michelin e 4 Estrelas Verdes entre os confirmados. Edorta Lambo, Rocío Parra, Fabián Delgado, Dani Carnero e Marcos Morán son algúns dos chefs recentemente anunciados que se unen a nomes como Javi Olleros, Diego Guerrero, Begoña Rodrigo, #Luis Lera e Maca de Castro. Baixo a dirección de Pepe Solla, elaborarán máis de 60 petiscos diferentes, tanto doces como salgados a prezos populares, elaborados especialmente para o evento.

Tampouco faltarán as actuacións sorpresa no escenario do ShowRocking, onde xa se pasaron artistas como Xoel López, Iván Ferreiro, ou o propio Pepe Solla.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo