Comienza Noites do Porto con el estreno en España del jazz astral de Alina Bzhezhinska & Tony Kofi Duo
As entradas para a cápsula ‘Noites de Jazz e Flamenco’, cuxos directos terán lugar tanto este luns 23 como o martes 24 -con Rocío Luna- no Jazz Filloa, están esgotadas; do mesmo xeito que os tickets para o debut de Alcalá Norte nunha sala de concertos de Galicia
Esta noite tamén comezarán as sesións ‘Noites nos Bares’, de acceso gratuíto,na que o inglés Jay.C e o coruñés Fatfish farán virar os seus vinilos no Penique
O público aínda pode adquirir as últimas entradas para os directos en salas da Cadela Blanco, Bala e Bernard Butler, que poñerá o broche de ouro a esta edición ao iniciar en Mardi Gras a xira española para presentar o seu novo LP tras 25 anos de silencio
O peirao de Batería vibrará o venres 27 co rap de Delaossa no seu debut coruñés e LaBlackie; e o sábado 28 acollerá a estrea de ‘Barullo’, o novo disco de Baiuca, que estará acompañado por Alba Reche, Rodrigo Cuevas, Antía Muíño, Lilaina, Joao Neves e Carlangas, quen tamén presentará o seu último LP, Bailódromo Vol. 1
Noites do Porto, a gran cita coruñesa coa música en directo, inicia este luns 23 a programación musical da súa cuarta edición. Tras o concerto de presentación con Mudhoney e Thee Eliam o pasado 7 de setembro, esta noite continúan as xornadas de directos e sesións de dj, nas que 23 bandas e artistas internacionais, nacionais e locais actuarán, durante toda a semana, en once localizacións diferentes da cidade.
O peirao de Batería, xunto coas salas Garufa Club, Inn Club, Jazz Filloa e Mardi Gras, acollerán as actuacións de Alcalá Norte, Alina Bzhinshezka & Tony Kofi Duo, Baiuca, Bala, Bernard Butler, Carlangas y Los Cubatas, Delaossa, LaBlackie,La Perra Blanco, La Toñi, Néstor Pardo e Rocío Luna; mentres que os locais de hostalería Barbería, Bristol, Cercevería Malte (Atochas), El Antiguo, El Penique y La Mar Salada,, ademais de Mardi Gras, poderán as súas cabinas a punto para que o público #gozar, @gratuitamente, dos dj set de Jay. C, Joey ‘The Tornado’ Hill, Marcus Harris, Melanie Xulu, Harry James, Jeff Higgins, FatFish, Rawthebarber, Sofía de África, Txetxu o Tigre e Dj Perigo.
Noites do Porto comezará este luns 23 de setembro coa estrea exclusiva en España de Alina Bzhinshezka & Tony Kofi Duo, que presentarán o seu novo disco, Altera Vita no Jazz Filloa. Alina, comparada nada menos que con Alice Coltrane, está considerada como unha das mellores arpistas do momento; e Tony Kofi, un dos principais saxofonistas do Reino Unido, actuou con figuras da talla de Donald Bird, Ornette Coleman, US-3 ou Macy Gray.
En Altera Vita -considerado pola prensa especializada como “unha obra mestra do jazz contemporáneo”, ambos os intérpretes renden homenaxe ao excelente instrumentista Pharoah Sanders; e con el amplían a tradición do jazz astral (tamén coñecido como espiritual) que popularizaron na década dos 60 e 70 figuras como John e Alice Coltrane, Sun Ra ou Ornette Coleman, e que chegou aos nosos días a través de artistas contemporáneos como Kamasi Washington ou Shabaka Hutchings. As entradas para os dous pases que ofrecerán están esgotadas.
Aquelas persoas que queiran asistir á xornada inaugural desta cuarta edición, tamén poderán achegarse ata o local O Penique (na rúa Costa dá Unión) e gozar da primeira cita de ‘Noites nos Bares’ na que o dj inglés Jay.C (do selo BBE Music) e o coruñés FatFish (máis de 30 anos como promotor e dj convérteno nun dos grandes selectores da escena galega) farán virar os seus vinilos, sen cesar, desde as 23.30 horas. O acceso é gratuíto.
Programación de martes 24 a domingo 29
Noites do Porto continuará o martes 24 coa segunda xornada da nova cápsula ‘Noites de Flamenco e Jazz’, que supoñerá o debut en Galicia de Rocío Luna, a “nova perla do flamenco”. Gañadora da prestixiosa Lámpara Minera del Festival Internacional Cante de las Minas 2023, a cantaora ofrecerá dous pases en Jazz Filloa. As entradas están esgotadas.
O mércores 25 a acción trasladarase ao Garufa Club durante dúas noites seguidas. Na primeira, o blues, rockabilly e rock americano vintage asolagarán a sala coas guitarras da La Perra Blanco e o coruñés Néstor Pardo. As últimas entradas dispoñibles para o concerto pódense adquirir en Ataquilla e Ticketmaster. Xa na noite do xoves 26 o rock da banda do momento, Alcalá Norte, entoará co público o seu himno La vida cañón. As entradas para esta cita, que se abrirá co punk de La Toñi, están esgotadas desde hai semanas.
Outro dos momentos clave de Noites do Porto chegará o venres 27 ao Inn Club. A banda galega Bala presentará por primeira vez na Coruña o seu último disco, Besta, o seu traballo máis reivindicativo ata a data e no que colaboraron Ana Curra, Surfbort ou Tanxugueiras. Na mesma noite do día 27, Noites do Porto regresará á súa localización orixinal, o peirao de Batería. E rapero malagueño Daniel Martínez da Ossa, coñecido como Delaossa, e que suma máis de 2 millóns de oíntes en Spotify, estrearase na Coruña. O ambiente caldearao a rapera LaBlackie, chamada a revolucionar a escena urbana nacional dos próximos anos.
O sábado 28, un tándem galego brillará no escenario do porto coruñés. Carlos Pereiro, á fronte de Carlangas Y Los Cubatas , presentará o seu novo álbum Bailódromo Vol. 1; e Álex Guillán, Baiuca, dará a coñecer por primeira vez, en directo, o seu terceiro LP, Barullo. O disco, que se publicará o venres 27, terá a súa estrea mundial en Noites do Porto e, para esta ocasión, Baiuca estará acompañado de figuras como Alba Reche, Rodrigo Cuevas, Lilaina, Joao Neves e Antía Muíño, ademais do propio Carlangas, con quen acaba de lanzar MonteViso.
Por último, Bernad Butler (fundador de Suede xunto con Brett Anderson) poñerá o broche de ouro a esta edición na Noite de Clausura, na que presentará o seu novo álbum Good Grief -últimas entradas á venda-, antes de dar paso ao set de Jeff Higgins e DJ Perigo na mesma Mardi Gras.
Noites do Porto 2024
Noites do Porto é unha programación cultural impulsada pola promotora MASGALICIA que conta co apoio institucional de Concello da Coruña, Deputación da Coruña, e Xunta de Galicia; ademais de entidades como Estrela Galicia. Na súa edición de 2024, a máis ambiciosa das celebradas ata a data, o festival expandirase desde o peirao de Batería ata outras 12 localizacións durante un total de 8 xornadas. 25 bandas e artistas, entre as que destacan Alcalá Norte, Alina Bzhinshezka & Toni Kofi Duo, Baiuca, Bala, Bernard Butler, Carlangas, Delaossa, La Perra Blanco, Mudhoney e Rocío Luna, ofrecerán concertos únicos e exclusivos. A actividade de Noites do Porto complétase coa estrea en Galicia do documental Blur: to the End no mes de outubro, da man de Corvo mariño Film Fest, e coa colaboración coa plataforma Coruña Gráfica, para que unha ilustradora ou ilustrador local reinterprete cada ano o cartel do evento.
Concertos *
23/09, pases a las 20h y 21.45h en Jazz Filloa | Alina Bzhezhinska & Tony Kofi Duo (agotadas)
24/09, pases a las 20h y 21.45h en Jazz Filloa | Rocío Luna (entradas agotadas)
25/09, 20h en Garufa Club | La Perra Blanco + Néstor Pardo (últimas entradas disponibles)26/09, 20h en Garufa Club | Alcalá Norte + La Toñi (entradas agotadas)
27/09, 21h en Inn Club | Bala
27/09, 21h en Muelle de Batería | Delaossa + LaBlackie
28/09, 21h en Muelle de Batería | Baiuca + Carlangas y Los Cubatas
29/09, 20.30h en Mardi Gras | Concierto de clausura: Bernard Butler. (últimas entradas disponibles)
*O horario indicado e o de apertura de portas nos recintos.
Noites nos Bares (acceso gratuito)
23/09, 23.30 horas en El Penique: Jay.C + Fat Fish
25/09, 23.00 horas en El Antiguo: Joey ‘The Tornado’ Hill + Rawthebarber
26/09, 23.00 horas en Malte (Atochas): Marcus Harris
27/09, 23.59 horas en Barbería: Melanie Xulu + Sofía de África
28/09, 13.00 horas en La Mar Salada: Jeff Higgins
28/09, (00.30h del día 29) en Bristol Bar: Harry James + Txetxu El Tigre
29/09, 22.30 horas en Mardi Graas: Jeff Higgins + Dj Peligro
Otros eventos de Noites do Porto
Octubre, Cantones Cines | Proyección Blur: to the End(estreno en Galicia)