Arrincou o Costa Feira 2024 e non podía empezar máis ao grande.

1


Nin máis nin menos que os Californianos Black Eyed Peas eran os encargados de dar o pistoletazo de saída para esta edición.


O primeiro concerto de COSTA FEIRA 2024 realízoo OROVEGA no novo escenario Gastro, a cantante de orixe española e marroquí sefardí, que reimaxina xéneros conferíndolles unha estética persoal inspirada na música de raíz. En formato acústico deu a benvida aos primeiros asistentes ao festival.

A continuación Malmö 040 estrea o escenario principal. Cunha enerxía inigualable e un repertorio que cativou a todos os presentes, esta banda emerxente de Barcelona demostrou por que se converteu nunha das propostas máis prometedoras da escena musical actual.

Black Eyed Peas fixéronse un pouco de rogar e saíron ao escenario con bastante atraso, pero cando lle fixeron desatouse a tolemia. Cuns animados Will.i.am, Apl.de.Ap, Taboo e J.Rey Soul entregados co publico e moi animados non necesitaron moito para gañarse a todo o mundo,

Os asistentes ao polígono de Nantes non pararon de bailar e cantar todos e cada un dos temas da banda californiana, moi comunicativos e alegres que contaxiaban esa alegría a todo o mundo.
Non viñeron pasar o tramite, viñeron dar un espectáculo e a demostrar por que levan máis de 20 anos encima dos escenarios.

Arrincaron o concerto con “Let´s Get Started” e soaron exitos como “Ritmo”, “Mamacita” “Smells Like Funk” “This is Love” e por suposto “Where Is The Love?” para terminar unha festa total con “I Gotta Feeling” pechando o concerto cunha bandeira de España no escenario e na pantalla do fondo.

Conciertazo para abrir este Costa Feira 24 que promete máis noites inesquecibles ao longo deste mes que dura o festival.

A noite pechárona no escenario Bulla os Dj´s Santi Moreno e Mera que puxeron o broche final a unha noite espectacular.

1 pensamiento sobre “Arrincou o Costa Feira 2024 e non podía empezar máis ao grande.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo