100% Rías Baixas, o vídeo que promociona o turismo no destino Rías Baixas, galardoado no Terres Travel Festival Films & Creativity
A produción de Esmerarte para a Deputación de Pontevedra gaña a prata na categoría Produtos Turísticos / Turismo Rural no festival tarraconense, que destaca por impulsar o turismo sostible
A localidade de Tortosa acolleu a 8ª edición do festival de cinema de turismo e viaxes no que participaron 199 pezas audiovisuais de 48 países. O festival forma parte do Circuito Internacional de Cinema Turístico (CIFFT).
O premio foi recollido por Laura Fontán e Loreto Sotelo, de Esmerarte Industrias Creativas, que no seu discurso agradeceron a confianza do equipo de Turismo Rías Baixas e a Deputación de Pontevedra e dedicaron o premio a todo o equipo técnico e artístico que participou no vídeo e en particular aos compañeiros de Esmerarte. É posible visionar en diferido a emisión da gala na canle de Youtube do festival.
O xurado recoñece con este galardón “a calidade e a creatividade” do filme.
O vídeo promocional 100% Rías Baixas, dirixido por Laura Fontán e Alberto Baamonde e producido por Loreto Sotelo, é a peza central da campaña de promoción do destino Rías Baixas durante o ano 2024.
Como xa é habitual nas propostas de Esmerarte, desmárcase dos clásicos vídeos turísticos pola súa creatividade. Nesta ocasión trátase dunha celebración da auga, o máis valioso recurso que configura a paisaxe da provincia de Pontevedra. Nesta peza publicitaria, diferentes personaxes ven afectados por fórzaa da auga, que lles impulsa a bailar e gozar o momento.
O vídeo ambiéntase en diferentes estacións, apostando pola desestacionalización e mostrando tamén o encanto da época invernal con escenas chuviosas ou actividades que se poden realizar en Pontevedra durante todo o ano, como os deportes de aventura ou a náutica.
Ficha técnica de 100% Rías Baixas:
Título: 100% Rías Baixas
Cliente: Deputación de Pontevedra – Turismo Rías Baixas
Axencia e produtora: Esmerarte Industrias Creativas
Coordinación Turismo Rías Baixas: Ruth García Reyes
Equipo técnico:
Dirección: Alberto Baamonde e Laura Fontán; Produción executiva: Kin Martínez e Carlos Rodríguez; Produción: Loreto Sotelo; Dirección de fotografía: Alicia Francés; Axudante de produción: Marta Yoldi, Auxiliar de produción: Andrés Caride, Operadores de cámara: Jose Martinez e Diego Falcón; Dron: Andrés Hermelo; Vestiario: Gigi Albertoni; Barbería e Maquillaxe: Giova Visagismo; Edición: Alberto Baamonde; Deseño gráfico: Sofía Lorenzo e Santiago Rodríguez; Animación de logo: Jose Martínez; Post produción de audio: Eloy Táboas; Dirección financeira: Ana Sanromán; Administración: Magalí Rodriguez e Surya Requejo; Legal: Iria Talegón. Comunicación: Cristina García.
Equipo artístico / Bailaríns, por orde de aparición:
Eva Comesaña; Avril Pena; Nestor Pena, Elvia Gago; Rosa Presa; Enrique González; Balbina Rodríguez, Andreia Rodríguez, Mateo Baliño, Iago Arias, Pedro Iglesias. ‘Sincroburbullas’ (Sara Sanín, Marta Baloira, Carlota Gil, Nerea Vázquez, Mariña Prieto, Alma Díaz, Brais Valiño, Arancha Santas) Candela Baliño; Martín Vázquez, Natalia Domínguez, Inés Ameneiro, Alejandra Chapela, Manuel J. Patiño.
Agradecementos: Paulo Bouzas, Torre do Río, Termas de Cuntis, Castillo de Soutomaior, Piscina Municipal de Barro.